Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Maratón radiofónica

O Rap do Patrimonio

Un agasallo: un rap cantado por Xiana Lado, alumna de 3º da ESO no IES Terra de Turonio, en Gondomar.

Redacción - 09:00 01/06/2007

Velaí o rap:



Este venres 1 de xuño é a festa radiofónica de Ponte nas Ondas. O pasado venres, o espazo Trébede, en RNE3, organizou un especial sobre a iniciativa.

Aló estiveron como convidados profesores, alumnos, regueifeiros, músicos e portadores do patrimonio inmaterial galego-portugués. Entre outros, os regueifeiros galegos Luis Caruncho e Benito Lobarinhas que demostraron en directo a vitalidade da regueifa. Alumnos participantes en Ponte...nas ondas! relataron as súas experiencias na xornada radiofónica. O gaiteiro Xurxo Antúnez, membro do grupo Os Terribles de Donas, de Gondomar interpretou varias composicións deste grupo emblemático do Val Miñor. A Sra. Carme do grupo Malvela, que vén de publicar o seu novo disco Da miña xanela á túa, tamén transmitiu varias manifestacións da literatura oral como son as cantigas populares.


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: