Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pescanova ameaza con levar de Vigo a súa actividade

Con 700 mil euros por posto de traballo "calquera fai negocio"

Os ecoloxistas reprochan os poucos e precarios postos creados e as esaxeradas subvencións recibidas polas piscifactorías.

Redacción / EP - 09:15 25/05/2007

"Aos baixísimos custos laborais derivados dunha cativa criazón de postos de traballo, a maioría en precario, hai que engadir as inxentes subvencións públicas", láianse os ecoloxistas sobre proxectos como o de Mira. "A macroacuicultura industrial resulta un investimento moi lucrativo para as grandes transnacionais do peixe como pescanova ou Stolt", sinalan. Botando contas das axudas amarradas or Pescanova do goberno portugués conclúen que isto significa que a administración portuguesa estalle pagando á empresa "con cartos públicos" o salario completo dos traballadores "durante nada máis e nada menos que 15 anos". Poden ampliar no Open Vieiros.

Despois de chapapote, cemento
A insistencia este xoves por parte do presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, cos reproches á Xunta pola desautorización do proxecto de Pescanova en Touriñán, levaron ao voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, a asegurar que "como o PP non conseguiu acabar coa Costa dá Morte con chapapote, agora inténtao con cemento". Rego laiouse das declaracións de Núñez Feijóo defendendo a instalación de Pescanova en Cabo Touriñán, xa que supón que é "claramente partidario de esnaquizar o ben máis prezado de Galicia, que é o territorio".

"Está claro que se fose presidente da Xunta, faría con Touriñán o mesmo que fixo con Horacio Gómez en Tomiño: avalar un estrago territorial en terreo protexido para favorecer intereses privados", asegurou o voceiro socialista.

Pescanova insinúa que podería deixar o porto vigués
Referíndose á "lentitude dos seus despachos aduaneiros", o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, asegurou este xoves en Lisboa que a empresa estuda o porto luso de Sines como alternativa posíbel a Vigo para a súa actividade. Ao respecto, a Axencia Portuguesa de Investimentos anunciou que facilitaría a chegada do grupo pesqueiro se decide dar o paso.

Fernández Sousa explicou que "Vigo e Galiza non están nun sitio estratéxico" e dixo que por iso "teñen que dar outras vantaxes para ser competitivos". Por ese motivo, afirmou que non se explica porque no tráfico de colectores, mentres Alxeciras, Bilbao ou Valencia tardan un día en dar os despachos de alfándegas "en Vigo tárdase entre 7 e 8 días en circunstancias normais e máis de 20 se hai algún problema".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: