Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O MÉRCORES 23

O Maio francés en Sargadelos

A galería barcelonesa abre unha exposición de carteis orixinais do maio do 68 en París.

Sargadelos Barcelona - 08:00 22/05/2007

A mostra conta con 36 carteis orixinais dos que ilustraron os muros de París con consignas e propaganda revolucionaria, pertencentes á colección da galería madrileña La Caja Negra.

Os afiches están realizados con técnicas básicas de gráfica: serigrafía, litografía e estarcido e foron creados por profesores, estudantes e traballadores nos talleres ocupados da Escola de Bellas Artes, nas distintas Facultades o nas agrupacións de barrio, de forma anónima e colectiva.

Exposición: París, Maio 1968, Carteis orixinais

Inauguración: mércores, 23 de maio, 20 h
Até o 16 de xuño.

Galería Sargadelos Barcelona
Provença 276 | 08008
Tlf./Fax: 93 2150368


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: