Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Balonmán

Teucro e Pilotes protagonizan un choque con sabor a Asobal

Ambos equipos loitan na última xornada polo primeiro posto da División de Honra B logo de acadaren o ascenso á máxima categoría.

Redacción - 15:03 11/05/2007
Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

O destino quixo que o Teucro e o Pilotes Posada teñan que verse as caras este sábado a partir das 18:30 horas no pavillón das Travesas de Vigo. Será sen dúbida unha tarde de festa para o balonmán galego logo de que ambos equipos acadasen nas dúas últimas semanas os seus respectivos ascensos á liga Asobal.

No choque os dous conxuntos loitarán por facerse co título de campión de liga, aínda que os vigueses parten con certa vantaxe xa que están un punto por enriba do Teucro e sírvelles o empate para rematar primeiros.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: