Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Enfróntanse este domingo en Vigo

O Teucro acompañará o Pilotes no seu regreso á Asobal

Os pontevedreses certificaron esta fin de semana o seu retorno á elite coa súa vitoria ante o Palma del Río (30-28).

Redacción - 12:08 07/05/2007
Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

Yuri Nesterov, nun encontro no Pavillón dos Deportes de Pontevedra

A Sociedade Deportiva Teucro, todo un clásico do balonmán estatal, retornará a próxima tempada á Liga Asobal logo de pasar dous anos na División de Honra B. Deste xeito, os pontevedreses disputarán no próximo curso a súa vixésima tempada na que para moitos é a mellor liga do mundo.

Xunto cos pontevedreses tamén ascenden á Asobal os seus veciños do sur da provincia, o Pilotes Posada, que certificaba o seu ascenso a semana pasada ao gañar o Tolimar Tres de Mayo no pavillón das Travesas.

O destino quixo que ambos equipos se enfronten o próximo domingo na cancha dos vigueses no que será unha auténtica festa do balonmán galego. No virtual choque de Asobal, os dous conxuntos loitarán por facerse co título de campión de liga, aínda que os vigueses parten con certa vantaxe xa que están un punto por enriba do Teucro e sírvelles o empate para rematar primeiros.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: