Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova convocatoria cidadá ás 19h30 deste martes

Por un mar limpo, por unha ría con futuro

Até dúas veces saíron as lanchas en Ferrol este luns co obxectivo de frear unha ameaza, outra máis, nas nosas costas. Vieiros estivo aló, e achegámosvos vídeo e fotos da acción de bloqueo ao gaseiro que pretendía acceder á planta de Reganosa.

Redacción - 14:00 08/05/2007



En defensa "da vida e da ría", o peirao ferrolán será escenario dunha nova mobilización desde as 19h30 deste venres. Mentres, o delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras avisa de que se forzará a entrada do buque.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia, Carmelo Teixeiro retrúcalle a Ameijeiras que no seu momento haberá de apandar "coas responsabilidades legais e penais que lle correspondan". O voceiro do colectivo láiase de que desde as administracións sigan facendo "oídos xordos" ás denuncias dos veciños e traballadores da ría ferrolá, e acusan á empresa de quere "ameazar".

"É unha irresponsabilidade", subliña Teixeiro, recordándolle ao goberno galego e español que Reganosa non pode ter todos os permisos en regra, tal e como defenden os executivos, "porque nin sequera remataron as obras". Ao fío lembran as dúas sentenzas favorábeis ás reclamacións dos veciños, "anulando a falsa tramitación ambiental" da planta de Reganosa.

Desde o Comité Cidadán apuntan ademais que a Autoridade Portuaria ten desde hai tempo un escrito coas advertencias do colectivo. Recórdanlle ademais que, ao contrario do que aseguraban desde a administración, na ría de Ferrol nunca antes de agora entrara gaseiro cheo ningún, xa que os que o fixeron foron en realidade buques de gas baleiros con destino a algunha reparación nos estaleiros.

Tamén teñen resposta para Alberte Núñez Feijoo, presidente do PPdeG, quen este martes lle solicitou á Xunta que "garanta de forma inmediata o acceso do buque Galicia Spirit". Feijoo cualificara de "conflito gravísimo e sen precedentes" a acción dos mariscadores da ría en bloqueo do barco gaseiro. Desde o Comité, acusan a Feijoo de "pertinaz defensor da trama de intereses e irregularidades" creada durante o goberno de Manuel Fraga. "Núñez Feijoo é un voceiro desta trama", subliña Teixeiro.

Ao goberno actual, o Comité solicítalle que "non se sinta presa" dun proxecto errado que se herda do executivo anterior. Lembran que o futuro da planta estaría garantido nos predios do porto exterior ferrolán, e non na ubicación onde se constrúe na actualidade, "poñendo en risco os cidadáns e a ría".


4.67/5 (21 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A xente despide as lanchas no peirao ferrolán
A xente despide as lanchas no peirao ferrolán
Vista da planta de Reganosa desde o mar
Vista da planta de Reganosa desde o mar
As lanchas navegan cara ao gaseiro
As lanchas navegan cara ao gaseiro
A Garda Civil tenta rachar o círculo das lanchas
A Garda Civil tenta rachar o círculo das lanchas
Aviso ás lanchas de que incorren en "delito de desobediencia"
Aviso ás lanchas de que incorren en "delito de desobediencia"
Ao temón, Milín, na camiseta poden ler un dos lemas do día: "Planta de gas, fóra da ría!"
Ao temón, Milín, na camiseta poden ler un dos lemas do día: "Planta de gas, fóra da ría!"