Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Álvaro Cunqueiro, entrevistado en 1978

Reflexións de Cunqueiro sobre "o ser de Galiza"

Na bitácora "Que os blues nos sexan propicios", atopamos referencia a un interesante vídeo cunha entrevista a Álvaro Cunqueiro na TVE hai case trinta anos.

Redacción - 11:30 07/05/2007
Tags: Cunqueiro TVE



Vía Que os blues nos sexan propicios chegamos a este importante documento subido no Google Vídeo. Velaquí algún extracto.

"Cal é o ser de Galiza?", pregúntalle o entrevistador. Contesta don Álvaro:

"En primeiro lugar pola situación xeográfica, Galiza foi durante moito tempo o punto final da terra coñecida. Alén das rochas de Fisterra non había máis que un mar tenebroso poboado por bestas terríbeis (...) Por outra parte, os romanos cando chegaron ao río Limia pensaron que deran co río do Esquecemento (...)
De modo que non se pode ser plenamente de Galiza sen ter os pés no río do Esquecemento e a cabeza no fin da terra. Isto condicionou a imaxinación das xentes galegas. (...) Eu supoño que nalgún lugar de Galiza debe haber alguén que ten o mesmo pedazo de terra desde hai 2.500 anos... para subsistir"

"Cal diríamos entón que é a característica da alma galega?", teima o entrevistador. Responde Cunqueiro:
"Á defensiva, sempre á defensiva. Entón, cando pode, e está dotado intelectualmente, a ironía, a súa capacidade para o diálogo para o parrafeo. As cousas teñen sempre varios pareceres. O galego non pode dicir si ou non como Cristo nos ensina. (...)

Na casa de meus avós había un criado que un día foi á feira vender unha vaca e topou cun tratante que era do país pero que vestía á leonesa, con blusa e falaba castelán para darse máis importancia. O freceu tres mil pesetas pola vaca 'e non se fale máis', non estaba disposto a discutir. E entón, o criado de meus avós díxolle: 'Pero vaia, non tés máis que unha palabra? Nin que foramos casteláns' ".


4,82/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: