O autor da novela ambientada en Barcelona "Os paxaros tamén migran ao sur" entrevistado na Televisión de Galicia.
Nunha interesante entrevista emitida o pasado luns 30 de abril, Silverio Cerradelo lidou exitosamente co presentador, Manolo Romón, e respondeu tamén as acertadas preguntas da libreira Sabela Martínez, da libraría Versus de Vigo.
O autor, que gañou coa obra o premio de narrativa Terra de Melide 2006, falou da creación dos personaxes e da especial vinculación que ten coa trama, baseada en feitos reais, salientou a súa visión crítica sobre a sociedade de consumo, plasmada na novela, e sobre o papel do sexo nas relacións humanas.
Os paxaros tamén migran ao sur, editada por Xerais, formaría parte dunha trioloxía sobre a cidade de Barcelona e foi elaborado á vez en catalán, en castelán e en galego.
O programa semanal De Libros pódese ver por internet no sitio web da Radio e Televisión de Galicia. Por el teñen pasado recentemente Rubén Ruibal e Xesús Alonso Montero.