O pacifista arxentino confirmou a súa colaboración co departamento que dirixe Rubén Cela.
Cela e Pérez Esquivel
Adolfo Pérez Esquivel, premio Nobel da Paz, será un dos relatores do ciclo Conversas Con, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Pérez Esquivel confirmoullo ao responsábel do departamento, Rubén Cela, e comprometeuse a participar nas súas futuras propostas.
Conversas Con abriuse a semana pasada cunha conferencia de Nina Pacari, representante dos pobos indíxenas no foro permanente das Nacións Unidas, titulada Cara a unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende o primeiro mundo.
Até final de ano tamén intervirán no ciclo personalidades como o director de cine Ken Loach, o profesor de Socioloxía e membro da conferencia antiimperialista Axis for Peace James Petras ou o director do Instituto Paulo Freire, Carlos Alberto Torres Novoa.
Pérez Esquivel cualificou o ciclo Conversas Con como “unha iniciativa importante e necesaria” para achegar o pais a temas sociais de primeira liña.