Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A curta estrearase en maio

Xa se pode ver o tráiler de 'Rosa dos ventos'

Jairo Iglesias, candidato ao Premio Mestre Mateo pola súa curtametraxe 'Cicatrices', presenta unha nova produción: xa podemos ver o tráiler de Rosa dos ventos na web da curta, ademais de varios vídeos en Youtube:

Redacción - 18:34 23/04/2007



Esta curtametraxe, producida por Jairo Iglesias e Sara Horta, conta no seu elenco con Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán. Os tópicos do mar, a soidade, o amor e a viúva de vivo centran esta historia ambientada na costa bergantiñá. A terceira curta de Producciones Retrato hase estrear a mediados de maio na Coruña, Santiago de Compostela e Malpica, onde foi gravada a curta a comezos de setembro do ano pasado.

A curtametraxe conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia, e foi producida por Retrato e Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de Malpica, os estudios de son PousadaSon, Recreativos Ogeppik, Dobleclic.info, Gadisa e Alcomte Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: