Os farmacéuticos sinalan que o noso país converteuse nun dos máis sedentarios de Europa
Os cambios nos hábitos alimentarios e a escasa actividade física están a se converter nun problema para os rapaces galegos. Os farmacéuticos alertan de que dende 1991 a porcentaxe de nenos con sobrepeso pasou dun 8 a un 20%. Por se estes datos non foran alarmantes dabondo, os expertos tamén sinalan que Galiza se converteu nun dos países máis sedentarios de Europa.
O Colexio de Farmacéuticos da Coruña vai pór en marcha unha campaña para informar sobre os perigos da obesidade e o xeito de combatela con actividades deportivas e unha alimentación equilibrada e variada. Para isto, vanse repartir folletos divulgativos.