Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na véspera do Día das Letras

Churrascada pola Lingua (estufada)

"Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha Gran Churrascada pola Lingua (estufada), para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización".

Redacción - 12:37 13/04/2007
O albaroque será o 16 de maio

O albaroque será o 16 de maio

A "Xente da Lingua", segundo se autodenominan, autoconvócanse e convocan a todo aquel que se sinta parte deste colectivo ao Albaroque da Lingua 2007, unha grande churrascada colectiva con motivo do Día das Letras, e "para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva", segundo sinalan.

"A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización", manifestan no blog creado para a ocasión.

"Diferentes sorpresas"
Será o día 16 de maio no Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela. Haberá buses de ida e volta desde o aparcadoiro do Auditorio de Galicia. O prezo é de 25 euros, e inclúe a cea, o transporte e "diferentes sorpresas", como un espectáculo ao vivo "inesquecíbel".

A data límite para se anotar é o 29 de abril. O menú está composto de entrantes, patacas, ensalada, bebida, café, licores e, por suposto, churrasco.

Máis información no blog Albaroque da Lingua.


4.5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: