Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Goberno e partidos rexeitan o bilingüismo

Flandres insiste en que o neerlandés debe seguir sendo a lingua principal nas escolas

"O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna", indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües.

Redacción - 11:15 13/03/2007
O presidente flamengo, Yves Leterme, defende que os cativos estuden na lingua materna

O presidente flamengo, Yves Leterme, defende que os cativos estuden na lingua materna

A lingua flamenga seguirá sendo a principal nas escolas de Flandres se non hai cambios na correlación actual de forzas en Bélxica. A maioría de formacións políticas de Flandres rexeitaron a proposta do Partido Socialista, maioritario en Valonia, para que se promovesen escolas bilingües, con igual peso para o francés e o neerlandés. A iniciativa propón que as primeiras escolas dese tipo se estabelecesen ao longo da fronteira lingüística entre as dúas áreas do Estado belga e que inclúan alumnos e profesorado a partes iguais de cada unha das comunidades.

Desde o proceso de federalización iniciado na década dos 80, as dúas comunidades lingüísticas belgas, a flamenga e a francófona, administran cada un pola súa conta o ensino. No total, os flamengos son maioritarios, o 60% da poboación. Os socialistas, maioritarios en Valonia, consideran a súa proposta unha "prioridade" do programa que presentarán ás eleccións do próximo mes de xuño.

A iniciativa foi recibida moi criticamente en Flandres, onde subliñan ademais os argumentos pedagóxicos como aval da educación principal en neerlandés. Tanto o presidente flamengo, Ives Laterne, coma o seu ministro de Educación, Frank Vandenbroucke, insistiron en que os rapaces deben estudar na lingua propia de Flandres. "Se os francófonos queren coñecer mellor o neerlandés que fagan esforzos no seu propio sistema educativo", dixo Laterne. "Hai que privilexiar unha lingua, porque senón, no canto de multilingüismo remátasen en cerolingüismo", afirmou Vandenbroucke.


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: