Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A web Galicia Encantada leva 150.000 visitas dende marzo de 2005

Dous anos de mitos e lendas

A enciclopedia de fantasía popular na rede Galiciaencantada.com cumpriu dous anos de existencia o 3 de marzo. O proxecto xurdiu como un xeito de aproveitar as oportunidades da internet para difundir a cultura tradicional galega por todo o mundo e, asemade, recoller textos e lendas dende todos os lugares.

Redacción - 11:00 05/03/2007
Web de Galicia Encantada

Web de Galicia Encantada

Segundo o seu autor, Antonio Reigosa, a web pretende construír o futuro evitando que os nosos referentes culturais esmorezan. En Galicia Encantada préstaselles especial atención aos mitos e lendas locais para elaborar o grande corpus da fantasía popular do país.

Por outra banda, aspira a poñer a disposición das novas xeracións todo este coñecemento.
A web, que segue a medrar día a día, superou as 150.000 visitas dende a súa posta en funcionamento, o 3 de marzo de 2005. Está aberta á colaboración dos internautas, que poden dar a coñecer lendas da súa zona empregando un formulario creado para tal fin


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: