Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial
En Vila Nova de Gaia

O Festival United in Sound agarda polas bandas galegas

Os Trabalhadores do Comercio apadriñan o proxecto que, alén de concertos de grupos consagrados como Siniestro Total ou Mão Morta, convoca a novas bandas.

Redacción - 12:45 04/07/2010

Da man dos Trabalhadores do Comercio, visitantes outra vez desta edición de A Polo Ghit, recibimos nova de proposta musical portense: os festivais 'Rock ás Sextas' e 'United in Sound'.

Ademais dos Trabalhadores do Comércio, as bandas Moonspell, Mão Morta, Pedro Abrunhosa, Slimmy e Siniestro Total ofrecerán proximamente, e de balde, concertos na Serra do Pilar, en Gaia. Á beira dos veteranos, o III Festival United in Sound – Concurso de Música Moderna de Vila Nova de Gaia, procura grupos emerxentes e, de xeito inédito, estende a súa convocatoria a bandas de Portugal e Galiza. O prazo de recepción de propostas foi ampliado deica o 9 de xullo. As citas a pé do escenario serán os días 29, 30 e 31 de xullo e os días 5, 6 e 7 de agosto. Entrada libre en todas as xornadas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: