Vieiros

Vieiros de meu Perfil


7/Marzo/2006 /

A distribuidora da 'Víbora negra' sinala a responsabilidade das institucións

A distribuidora dos deuvedés da serie de televisión británica 'A víbora negra', Cameo, responsabilizou nun comunicado as institucións galegas de que non sexa posíbel editar a versión dobrada en galego. Como xa anunciara Vieiros a semana pasada, Cameo desexaría incluír esta versión en galego dentro da pacaxe, pero o retraso na cesión por parte da TVG supón nesta altura un custo de 11.500 euros, que a televisión non desexa asumir.


3/Marzo/2006 /

A 'Víbora negra' non sairá en galego malia a TVG ceder a dobraxe

Hai tres semanas Vieiros preguntáballe á TVG os motivos de que non lle cedese a dobraxe da serie 'A Víbora negra' a unha distribuidora de deuvedés. As razóns situábanse na presunta mala calidade das versións realizadas nos anos oitenta. A partir dese momento A Mesa pola Normalización e as Ciberirmandades da Fala iniciaban sendas campañas para conseguir reverter esa situación e agora a TVG dá marcha atrás. Pero é xa demasiado tarde para distribuír os deuvedés.


15/Febreiro/2006 /

A TVG impide que o DVD da 'Víbora negra' saia en galego porque a dobraxe "dá risa"

Se ninguén o remedia, o 5 de abril sairá editada en DVD a serie británica 'A víbora negra', con dobraxe en catalán e castelán, e con subtítulos nestes dous idiomas ademais de en eusquera e en inglés. Efectivamente, de galego nada. A TVG, que emitiu a comedia nos oitenta, entende que non debe ceder a dobraxe porque debido á súa antigüidade non está feita nun correcto galego.



Buscador