Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Como participar

Vieiros préstache unha cámara para que amoses a túa mirada sobre o XGN 2007

O tema, a perspectiva, a brincadeira, a anécdota...o que ti queiras. A túa perspectiva persoal sobre a ciberfesta. Vieiros, que fará unha vez máis seguimento multimedia da actualidade de XGN 2007, convídate a participar no seu concurso de foto e vídeo.

Como ves ti o XGN 2007?


Desde Vieiros gustaríanos coñecer a túa ollada sobre a ciberfesta e para iso prestámosche unha cámara. Ofrécenos a túa visión e opta ademais aos Premios Vieiros XGN 2007.


Todo o que tes que facer é darte unha volta por Xuventude Galiza Net 2007 e realizar un ou varios vídeos ou elaborar unha galería de fotos sobre o que aquí está pasando. O tema, a perspectiva, a brincadeira, a anécdota...o que ti queiras. Buscamos a túa mirada sobre XGN 2007.


As regras:

-Tes a túa propia cámara? Perfecto. Só tes que dar unha volta polo XGN 2007 e tirar algunhas imaxes ou gravar algún vídeo.

-Non tes cámara? Nós prestámoscha. Primeiro pasa por secretaría, pide a lista, e apúntate para reservar unha. Podes escoller entre vídeo e foto, ou participar nos dous.

-Cando che toque recoller a cámara, pasa polo stand de Vieiros en XGN 2007. Non nos ves? Si, aí, á entrada da romaría. O horario para recoller cámaras é: Venres de 17h a 00h da noite; Sábado, de 10h da mañá a 23h da noite; Domingo, de 10h a 12h.

-Tes unha hora de tempo para usar a cámara de fotos. Para a de vídeo dámosche hora e media. Só se farán dous préstamos por persoa cada día, é dicir, podes repetir en vídeo e foto, pero só unha vez. Ademais, tes que descargar os arquivos no teu propio computador, e devolver no stand de Vieiros a cámara baleira e dentro do tempo acordado.

-Sexa coa túa propia cámara, cunha prestada por Vieiros ou coa dun amigo teu, unha vez que teñas listas as fotos e os vídeos, para participar tes que facer o seguinte:

...as fotos debes subilas a Flickr (http://www.flickr.com/): ponlles o tag VieirosXGN2007
Nós recollerémolas directamente da web.
...os vídeos súbeos ao Youtube ou a Google Vídeo: ponlles o tag vieirosXGN2007

Envíanos o link do teu traballo para que non nos pase desapercibido. O mail onde os recibimos: xgn@vieiros.com

-Todas as creacións irán sendo publicadas en Vieiros-XuventudeGalizaNet, segundo as vaiades entregando.

Os premios:
-Poderán enviarse traballos ao premio até o domingo ás 12 horas
-Haberá un premio único en cada categoría: foto e vídeo.
-O xurado estará integrado por Vieiros, a organización e un mozo ou moza que estea en XGN pero que non participase no concurso.
-A mellor fotografía recibirá unha cámara de fotografía dixital
-O mellor vídeo recibirá unha vídeocámara.
-O fallo do xurado será publicado en Vieiros o domingo ás 14 horas
-Os premiados recollerán as cámaras durante a entrega oficial de premios.


Podes ver tamén como foi o seguimento de Vieiros da xuntanza XGN en 2006
http://vello.vieiros.com/especiais/xgn06/