Edición xestionada por Nova Escola Galega

Nº 14 Novembro 2006
Contacto

O Nadal nas diferentes culturas

En tempo de Nadal cómpre preguntarnos como celebran esta tradición noutras culturas. Poderemos descubrir que o Nadal é moi diferente nas distintas culturas e tradicións, e tamén que hai elementos de grande similitude nesta festa. Como sucede en moitas outras celebracións, esta festa, unha das máis antigas da humanidade, cobrou distintos significados desde a súa orixe pagá. Nos seus inicios réndeselle tributo ao sol, celébrase o solsticio de inverno, momento en que os días comezan a facerse máis longos.
Se nos asomamos ás distintas celebracións, poderemos comprobar tamén que o lume e a súa simboloxía teñen especial relevancia.
Como feito social e cultural a celebración do Nadal ofrece unha magnifica oportunidade para o coñecemento e a comprensión doutras culturas. Hanukkah ou Kwanzaa, entre moitas outras, son tamén formas de celebrar o Nadal. Non só existe Papa Noel, están tamén o Olentzero na tradición vasca e o Tió na catalá.
De seguida poderemos comprobar que o Nadal tamén é unha festa de ledicia e para compartir cultura.


 

A palabra Nadal provén do latín natívitas, 'nacemento'. Os anglosaxóns utilizan o termo christmas, cuxo significado é 'misa (mass) de Cristo'. Nalgunhas linguas xermánicas esta festa é denominada Weihnacht, que significa ‘noite de bendición’. As orixes do Nadal están nos albores da humanidade; os días despois do solsticio de inverno, desde o 21 de decembro. Algunhas culturas crían que o deus do sol naceu o 21 de decembro, e que os días se facían mais longos a medida que el medraba.

No contexto do cristianismo, o Nadal foi tomado da era do imperio romano. Os romanos honraban a Saturno, deus da agricultura, nun festival chamado Saturnalia. O día 25 era a gran festa do sol, e o 19 de decembro o día mais importante para os romanos, xa que se celebraba unha festa na honra de Saturno.

A igrexia cristiá ortodoxa, gregra ou rusa, celebra o Nadal o 7 de xaneiro. Hanukkah ou Chanukah. O día 25 do mes do Kislev do calendario xudeu celébrase “O Festival das Luces” ou Hanukkah ou Channukah. Hanukkah, que en hebreo significa 'dedicación'. Trátase dunha festa de oito días para que os xudeus recorden a súa historia. Préndese unha candea por cada día de celebración no Menorah (candeeiro).

Kwanzaa, entre o 26 de decembro e o 1 de xaneiro. Os afroamericanos celebran Kwanzaa, un tempo de renovación da fidelidade aos valores ancestrais da súa cultura. Ten a súa orixe no costume de reunirse arredor da primeira colleita do ano; e é que a palabra Kwanzaa provén do idioma africano kiswahii e significa “Primeira froita da colleita”. Vermella, negra e verde son as cores oficiais de Kwanzaa.

En Xapón límpanse os fogares. O 31 de decembro celébrase Omisoka ou Gran Día Final do Ano, as persoas fan unha limpeza xeneral das casas e decoran a entrada co dous kado-matsu –elaborado con piñeiro, que representa a lonxevidade, e tres tallos de bambú, símbolos da constancia e da virtude.

Na India o 25 de decembro é a festa nacional. O ano novo celébrase segundo o calendario lunar hindú, o 20 de abril, con grandes fogueiras e baños rituais. Pero a festa hindú, coa estética mais achegada ao Nadal, é Diwali. Durante esta celebración adórase a Lakshmi, deusa da riqueza e da prosperidade.

O Nadal en España empeza co sorteo de lotería o 22 de decembro.

En Galicia existe toda unha tradición oral moi rica relacionada co Nadal. Un tempo propicio para os contos, romances, vilancicos, panxoliñas, cantos de reis, comidas e cancións.

 

Resulta moi interesante atopar informacións e investigar máis noutras celebracións no Nadal. Así temos unha tradición occidental moi diversa: Nadal, Navidad, Christmas:

Tamén o Nadal para os xudeus, Hannukka ou Chanukah, desvela as múltiples coincidencias coa tradición occidental.

A mestura e hibridación no Nadal latino ou na festa do Nadal para os afroamericanos Kwanzaa.

Algunhas referencias do Nadal en Galicia.

Un elemento moi significativo desta diversidade e multiculturalidade das que non sempre somos conscientes está na data actual. Estamos no ano 2006 que se corresponde co:
- MMVI do calendario gregoriano.
- 5767 do calendario hebreo.
- 5108 do calendario Hindú Kali Yuga (ou 2062 do calendario hindú Vikram Samvat)
- 4703 do calendario chinés.
- 1428 do calendario musulmán.
- 1385 do calendario persa.


 

…O Nadal se corresponde coa festa Romana de Saturnalia?

…Existe unha “illa do Nadal” en Australia, Christmas Island?

… Nadal tamén é unha comunidade de Chile, na VI Región O'Higgins?

…A primeira vez que se celebrou o Nadal como festa foi no ano 354 d.C., grazas á influencia de San Xoán Crisóstomo e San Gregorio Nacianzeno?


 

Para coñecer máis sobre o Nadal arredor do mundo -cancións, películas e máis elementos iconográficos- podemos atopar algunhas referencias en:

Programa especial: Nadal arredor do mundo

Para coñecer máis acerca de Kwanzaa e as súas tradicións.

Hanukkah ou Chanukah é unha das celebracións máis significativa dos xudeus que unen tradición, cultura ancestral e ritos de identidade cultural.

Campaña de turismo: Este Nadal regálalle unha árbore a Galiza.

Na tradición galega: O Cepo do Nadal

Comidas do Nadal: Receitas de Paco Feixó

Postais de Nadal

Panxoliñas en mp3

Algúns dos mellores beléns do país

O conto do Nadal

O Nadal noutras culturas

Consellos para un Nadal máis ecolóxico

QUEN É O AUTOR DESTE TRABALLO

Juan José Bueno Aguilar. Profesor de Educación Multicultural da Facultade de Educación da Universidade da Coruña.