Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Gales

Gales
    En 1997 o pobo galés aproba en referendo o restabelecemento da súa Asemblea Nacional, aínda que con menos competencias que o escocés. Unha década despois, o nacionalistas do Plaid Cymru acceden ao Goberno do país en coalición cos laboristas.

Os galeses descenden das tribos celtas falantes de bretón que habitaban toda a Gran Bretaña ao sur do Abhainn Dhubh ("Río Negro", en gaélico escocés). Os romanos dominaron o territorio entre o S.I e o IV-V.

Os celtas galeses combateron as incursións dos anglosaxóns. Xurdiron varios reinos na zona, mais ningún conseguiuna unificar. Os normandos conquistaron todo o Sur de Gales en 1093.

O rei inglés Edward I someteu finalmente o Norte e converteuno nun principado en 1284. Dende 1301, o herdeiro da Coroa inglesa leva o título de príncipe de Gales. O territorio foi incorporado a Inglaterra durante o reinado de Henry VIII (1509-1547).

Pozo enerxético de Inglaterra
Ao igual que en Kernow (Cornualles) -considerado o Gales Occidental-, os galeses dedicáronse a traballar nas abundantes minas de carbón do país, explotadas durante o S.XIX e esquilmadas a finais do XX.

Gales foi e segue a ser o pozo enerxético de Inglaterra. Hoxe en día hai numerosos embalses e centrais hidroeléctricas nos ríos galeses. A metade da electricidade que nelas se xera é consumida por vivendas e fábricas inglesas.

Os parques eólicos ocupan tamén boa parte das terras galesas, e o goberno británico instalou unha central nuclear na illa de Ynys Môn, ao Norte de Gales.

Os independentistas do Plaid Cymru, partido fundado en 1925, mantivo sempre unha postura contraria a enerxía nuclear, até que na eleccións de 2007 accederon ao Goberno en coalición co Partido Laborista.

O cymraeg ten futuro
Arredor dunha quinta parte da poboación de Gales fala habitualmente o cymraeg (galés). É oficial xunto co inglés nos eidos educativo, administrativo e da comunicación.

Aínda que mínima, ten presenza na Administración. Existe unha canle de TV en galés, S4C, dende 1982, e hai varias publicacións que tamén o utilizan.

Tal e como apunta Xosé Henrique Costas no seu libro Guía das Linguas de Europa, "é a lingua celta con máis posibilidades de supervivencia" porque "ten un minimum de estado".

En 2008 estaba prevista a saída do primeiro diario en papel integramente escrito en galés, o Y Bid, mais o proxecto non puido saír adiante pola cativeza nas subvencións, o que provocou un importante malestar nas bases do Plaid Cymru.

No entanto, dende a chegada dos independentistas ao Executivo, as organizacións relacionadas coa promoción do idioma, até entón criticadas por burócratas e ineficaces na normalización lingüística, recibiron un pulo considerábel.

O pasado 16 de maio varios centos de persoas manifestáronse fronte á sede do Goberno para apoiar a petición da transferencia en materia lingüística do parlamento británico ao galés.

A concentración, convocada pola organización en defensa da normalización Cymdeithas yr Iaith Gymraeg, chegaba poucos días despois de que a conselleira de Educación, Jane Hutt, fixese público o primeiro plan educativo para facilitar a aprendizaxe do galés na Secundaria.

Datos básicos

  • NOME:
    Cymru
  • XENTILICIO:
    Cymry/galés, galesa
  • SUPERFICIE:
    20.758 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    2.903.085 (censo oficial de 2001)
  • REXIÓNS:
    22 'autoridades unitarias' (entes municipais)
    En estudo o Wales Spatial Plan
  • CAPITAL:
    Caerdydd
  • OUTRAS CIDADES:
    Abertawe, Casnewydd, Wrecsam

Política e Economía

Novas relacionadas

Europa, Terra de Pobos

Gales, pozo enerxético de Inglaterra

08:00 01/06/2009 - Ofrecémoslles unha nova entrega do especial informativo con motivo das eleccións europeas.


Ver Gales nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

Peirao de Dinbych-y-Pysgod / Autor: c@rljones Seareiros da selección nacional de rugby / Autor: Brainless Angel Pescadores con 'coracles', pequenas embarcacións (1905) / Autor: MuseumWales Lago de Llyn Idwal / Autor: c@rljones Composición sobre lago glés, con San David e o Dragón Vermello / Autor: w.wabbit

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia