Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Flandres

Flandres
    A historia de Flandres como territorio diferenciado comeza no ano 862 cando Balduíno I se converte no seu primeiro conde. En 1384 o último dos seus sucesores morre sen un herdeiro varón. Dende aquelas e durante séculos, Flandres vai mudando dun estado europeo a outro. En 1830 a maioría dos territorios flamengos -algúns fican en Francia e en Holanda- acaban en Bélxica, un país artificial creado para separar dous eternos inimigos, Alemaña e Francia.

O Reino de Bélxica, constituído na actualidade como estado federal, está dividido en tres comunidades lingüísticas: a flamenga (neerlandófona), a francófona e a xermanófona (ao leste, na fronteira con Alemaña, Holanda e Luxemburgo), con competencias ligadas á lingua empregada en cada unha destas zonas.

Ao mesmo tempo, tamén está dividido en tres subdivisións administrativas ou rexións autónomas, con importantes competencias económicas. Estas son: Valonia, francófona, no sur; a rexión bilingüe de Bruxelas-Capital; e Flandres, que unifica as institucións administrativas e as da comunidade lingüística flamenga.

O Estado belga comeza a evolucionar progresivamente cara ao federalismo a partir dos anos 60, logo das crecentes demandas de descentralización por parte dos movementos flamengo e valón. En 1963 fixouse unha fronteira lingüística administrativa que pouco a pouco se converteu en política.

Os conflitos lingüísticos van a máis, en entre 1968 e 1969 chegan ao seu cénit coa escisión da sección francófona da Universidade de Lovaina, e a creación dunha nova cidade, Louvain-la-Neuve, en territorio valón para acoller a nova Universidade Católica de Lovaina.

En 1970 fórmanse as comunidades lingüísticas, en 1980 as rexións de Flandres e Valonia e, finalmente, en 1995 a rexión de Bruxelas-Capital, capital histórica flamenga, segregada polo Estado e onde habitan máis dun millón de persoas. Todas estas división foron ratificadas legalmente ao máis alto nivel na reforma constitucional de 1993.

A cidade-rexión, onde avance do francés é case imparábel, está rodeada por un distrito electoral, o BHV (Brussel-Halle-Vilvoorde, en flamengo, ou Bruxelles-Hal-Vilvorde, en francés), que pertence á provincia flamenga de Vlaams-Brabant, e non á capital, mais onde hai maioría de francófonos.

O BHV concentra gran parte da poboación que traballa en Bruxelas-Capital, onde tamén teñen a súa sede a Comisión Europea e outras institucións da UE e organismos internacionais.

As cidades con maior número de habitantes de Flandres son Bruxelas, Amberes, Gante e Bruxas. Lille, actualmente en territorio francés, foi unha outra importante cidade flamenga. A rexión Flandres-Este é unha das de Europa con maior densidade de poboación.

Datos básicos

  • NOME:
    Vlaanderen
  • XENTILICIO:
    Vlaams/flamengo, flamenga
  • SUPERFICIE:
    13.522 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    6.161.600 (2008, 60% do total estatal)
  • REXIÓNS:
    Antwerpen, Limburg, Oost-Vlaanderen, Vlaams-Brabant, West-Vlaanderen
  • CAPITAL:
    Brussel/Bruxelas
  • OUTRAS CIDADES:
    Antwerpen/Amberes; Gent/Gante; Brugge/Bruxas

Política e Economía

  • ESTADO AO QUE PERTENCE:
    Reino de Bélxica
  • AUTOGOBERNO:
    Rexión Autónoma do Estado Federal
  • PRESIDENTE:
    Kris Peeters (CD&V)
  • PARTIDO DE GOBERNO:
    Coalición CD&V/N-VA, Open VLD e Spirit (actual SLP)/sp.a
  • PRINCIPAIS FORMACIÓNS POLÍTICAS:
    CD&V: federalista, centro-dereita
    SP.a: federalista, socialdemócrata
    SLP: confederalista, social-liberal
    N-VA: independentista, dereita
    Open Vld: federalista, liberal
    Vlaams Belang: independent., ultrader.
    Groen! | Lijst Dedecker | VLOTT | UF
  • PIB:
    70% do total estatal
  • INDUSTRIA:
    Transporte marítimo, téxtil, petroquímica, ensamblaxe de coches, diamantes, metalurxia.

Entrevistas relacionadas

Novas relacionadas

Europa, Terra de Pobos: Flandres

Flamengos e valóns, 179 anos de enfrontamentos

13:00 04/05/2009 - As tensións actuais entre o veciño "rico" e o "pobre" remóntanse á fundación do Estado belga en 1830, co conflito lingüí...


Ver Flandres nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Flamengos Célebres


Fotos

Amberes / Autor: Erf-goed.be Bruxas / Autor: MorBCN Amberes. Estación Central / Autor: Erf-goed.be Mapa de Flandres de 1609 / Wikipedia Amberes / Autor: Topanga A dobre división do Estado belga

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia