Teñen que se esforzar os gabinetes de Feijoo en demostrar que cousas como as que están a pasar nos procesos de selección dos empregados públicos da Xunta de Galicia son meras coincidencias. Nunha convocatoria xa feita e coa matrícula pechada decídese reabrir a admisión de opositores, pois, como cambiara a normativa, relaxando a esixencia no referente ao dominio do galego, podería haber alguén “interesado”.