Rodrigo Granda, un dos responsábeis das Farc de Relacións Exteriores,  cualificou onte xoves de "inadmisíbel" a solicitude de liberación da ex  candidata presidencial colombo-francesa Ingrid Betancourt, como novo xesto unilateral que o  Goberno colombiano condiciona para liberar guerrilleiros e iniciar un  eventual troco humanitario. 
 "Non é admisíbel que nos pidan máis xestos  de paz, cando despois de tantas mostras  da nosa vontade política por  atopar saídas ao conflito, responden con infamias", declarou  Granda nunha carta escrita xunto ao comandante guerrilleiro Jesús Santrich  publicada pola Agencia de Noticias Nueva Colombia (Anncol).