Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Subvencións da Consellería de Sanidade para un negocio global

A Consellería de Sanidade ofrece subvencións por valor de 250.879 euros para investigación-acción dentro da estratexia global anti VIH-Sida (D.O.G. 04.06.07).

Enviada por Leovarela Leovarela o 16/06/2007 11:45

Xa o saben os cazasubvencións. A por elas!. Só hai que darlle a razón ao negocio global das corporacións químico-farmacéuticas e, naturalmente, aos seus representantes políticos nas institucións de saúde norteamericanas e mundiais; estar disposto a pasar polo aro de que o VIH é a causa da SIDA e ofrecerse voluntarios a pregoalo Galicia adiante cun camión de apoio cheo de condóns, formularios, xiringas e propaganda en tódolos cores e formatos para meterlle á xente o medo no corpo. Ben sinxelo é o choio, a final de contas é o que se ten crido a maioría da poboación: que a SIDA é contaxiosa e que a transmite un estrano virus, escurridizo e tal... (sí, estrano é porque non aparece por ningures).

Con todo, unha longa lista de personalidades do mundo da ciencia e da investigación así como profesionais de distintas ramas (avogados, enxeñeiros, xornalistas (poucos pero honrados), etc. que suma na actualidade 2.454 firmas (http://aras.ab.ca/rethinkers.php), a parte doutras listas que circulan por internet en distintas agrupacións de disidentes, din non estar de acordo con esa creencia, máis que teoría, que subvencionan os nosos impostos.

Estes díscolos prantexan que hai que repensar a SIDA, que a teoría oficial nunca foi demostrada e en cambio a dos "outros", os chamados disidentes ou repensadores -ignorados, censurados, vilipendiados, despedidos, marxinados do financiamento...-, é demostrable en todos os seus puntos sen necesidade de concorrencia de virus ningún. Os disidentes aseguran, e demostran, que a SIDA non é unha enfermidade contaxiosa, nin se transmite sexualmente, nin está causada por un suposto virus VIH; se non que é o resultado das exposicións voluntarias ou involuntarias, múltiples, repetidas e crónicas aos axentes estresantes (químicos, físicos, biolóxicos, mentais e nutricionais) do sistema inmunolóxico, e que drogas anti-VIH, drogas recreacionales, desnutrición e falta de hixiene son os responsables da SIDA en todo o mundo. Non ningún virus.

E algo raro hai que parece que quere saír á luz namentras a conselleira reparte subvencións entre os fieis correlixionarios; pero non o deixan, queren mantelo tapado. No "El País" do 7 de xuño de 2007 aparecía unha minúscula nota na que se informaba de que un "medicamento" contra o VIH chamado VIRACEPT (Roche) -que no seu día foi presentado polos voceiros de SIDA, Sociedade Anónima, como o colmo da efectividade e da tolerancia-, agora resulta que "debido a un exceso de concentración de un contaminante" ven sendo peligrosísimo e o fabricante recomenda que se retire do mercado inmediatamente (despois de nonseicantos estudios). Vaia, vaia... Na seguinte dirección pódese ler o que di o proprio prospecto do devandito fármaco respecto dos seus efectos secundarios, e moito máis en relación coas bondades de tódolos salvíficos antirretrovirais e dos seus altruistas e piadosos promotores: http://www.monarcasmexico.org/inhibidores_de_proteasa.htm. Que tomen nota os consumidores. Tomemos nota todos.

A qué estratexia global refírese a señora conselleira?, á de promocionar os fármacos anti-VIH entre unha poboación desinformada da realidade e machucada pola propaganda dos que viven do mercado da saúde? Vai ser que sí. Logo a señora conselleira debería facerse moitas preguntas, debería preguntarse, por exemplo: por qué é a mortalidade dos positivos a anticorpos-VIH tratados con fármacos anti-VIH é do 7-9%, sendo a dos VIH-positivos globais (maiormente non tratados) de soamente o 1-4%?, ou por qué non hai, despois de vintetantos anos, una vacina contra a SIDA?, ou por qué somentes progresan a SIDA aqueles seropositivos que consumen drogas antirretrovirais, recreacionais ou padecen desnutrición? ( http://www.duesberg.com/papers/index.html). Moitas preguntas máis son as que se debería facer denantes de subvencionar "estratexias globales" ou pagar as astronómicas facturas de farmacia do sistema de saúde.

Hai razóns e argumentos dabondo para que a Consellería de Sanidade da Xunta, o goberno galego, profundice e investigue todo este asunto. Podería para elo convocar aquí, baixo a súa supervisión, en Galiza, a unha comisión do Grupo pola Reevaluación da Hipótese VIH=SIDA para que defenda a súa teoría tóxico-nutricional, en pé de igualdade, diante doutra comisión que defenda a postura oficial u ortodoxa (a do axente externo, o suposto virus), sacar as conclusións e facelas públicas. Sería o xeito de enfrontarse de verdade a este problema. Chegar á verdade da SIDA, recoñecela, salvaría a moita xente. Pero..., claro..., habería que mollarse un pouco: semellante iniciativa non lle ía facer ningún ben aos intereses económicos e socio-políticos de todos os que están baixo o paraugas de "SIDA, Sociedade Anónima", os que se levan a bolsa e a vida.

Por se alguén quere máis información:

http://www.rethinkingaids.com/ - en inglés.
http://www.robertogiraldo.com/ - en castelán.
http://www.theperthgroup.com/ - en inglés.
http://www.duesberg.com/ - en inglés.
http://www.monarcasmexico.org/ - en castelán.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: