Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Chega o Súper-5 Parroquial de Billarda!!

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Chega o Súper-5 Parroquial de Billarda!!

Chega o Súper-5 Parroquial de Billarda!!

Iste domingo 17 celébrase no multiusos do San Bartolo de Barreiros a xenuina vesión billardeira do 6 nacións de Rugby , dende as 10 da mañá ate o lusco e fusco 5 seleccións parroquiais loitarán pola gloria Perico da LNB e por evitar a sempre humillante CULLER DE PAU.

Enviada por xviluba xviluba o 14/06/2007 19:17

Iste domingo chega por fin o agardadísimo SUPER-5 PARROQUIAS , a xa conñecida coma a versión billardadeira do 6 nacións de rugby vaise desputar iste domingo17 de xunio vai ter coma gran tractivo a consecucion pola parroquia vencedora do PERICO DA LNB, un espectacular exemplar de año galego que vai ir pacer ou ser pacida polos palanadores e palandores que logren vencer no multiusos de San Cosme donde se vai desputar iste xa mítico torneo de verán.

Coa incorpación dos Búfalos de Remourelle , os arraianos de Astur-Eo, os diaños brancos de San Cosme, os paxaros vermellos de Lourenzá e os Mariñaos de Celeiro voltarán a enfrontarse nunha xornada que dará o pistoletazo de saída ás 10 da mañá . San Cosme defende o título e os de Valdeflores de Lourenzá queren desfacerse da Culler de Pau acadada na anterior edición do interparroquial.

Tamén espectacular concurso aberto de Varados ou tiros directos, donde os centos de afeccionados poderán competir fronte a fronte coas grandes estrelas do deporte da billara para acadar un inigualábel xamón de cocho sen capar. ÚNETE Á loucura do SUPER-5 PARROQUIAL!!


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



SUPER-5 PARROQUIAL DE BILLARDA!!