Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Mostra de Escolas de Teatro na Coruña. 18 e 20 de xuño.

Un ano máis remata o "curso académico" e con el as escolas de teatro de coruña e narón presentan unha mostra representativa do seu traballo.

É o momento de ver o traballo feito en cadansúa escola, pero non os enganedes, non é tan só un exemplo do que se ensina en cada sitio, senón que é un espectáculo acabado que pretende entreter e divertir a todo o mundo. Obras de xénero diverso (clown, teatro físico, máscara, comedia del arte, teatro clásico, teatro experimental, …).

O éxito de público está garantido, porque son moit*s *s que repiten ano tras ano a divertirse e desfrutar dun bo rato. Non o perdas!

Enviada por Birnarem Birnarem o 12/06/2007 17:35

18 de xuño

       
  • San&San
  •    
  • Escola de Narón

20 de xuño
       
  • Casa Hamlet
  •    
  • Teatro del Andamio

Funcións ás 20:30h.

Entradas a 3 euros (Taquilla da Praza de Ourense de luns a venres de 10h-13:30h e 16:30h-20h ou Taquilla do Forum desde 1 hora antes).

Organiza: San&San


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mostra de Escolas de Teatro na Coruña. 18 e 20 de xuño.