Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Festa de Apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo

Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro,
Os da Ría, e Carlos Santiago.

Enviada por ajustin ajustin o 06/06/2007 19:19

Durante a festa darase a coñecer a Asociación que dá base ao Portal, e que ofrece distintosservizos a persoas e colectivos do eido socio-cultural, como o aloxamento de webs, a libredistribución de creacións artísticas e o desenvolvemento de proxectos sociais e culturais.A Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta así públicamente o seu terceiro proxecto,despois de case catro anos de actividade, nos que se constituiu como unha referencia dentrodos movementos sociais e culturais galegos. A festa é o primeiro acto dunha campañadestinada a impulsar a creación do novo Portal de Comunicación, xa en fase de deseño econstrución, e conta coa participación desinteresada dos artistas convidados. No TeatroPrincipal a partir das 21 h.Entrada 5 Euros
Venres 8, 21:00h no Teatro Principal
http://arredemo.info


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: