Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Dúas novas exposicións no Museo de Arte Contemporáneo de Lyon, Francia

O fotógrafo frances Jean - Luc Mylayn e o cantante e artista plástico norteamericano Alan Veiga expoñen as súas obras até o 2 de agosto

Enviada por Punal Punal o 07/05/2009 11:10

O Museo de Arte Contemporáneo de Lyon, Francia, inaugura dúas novas extraordinarias exposicións o próximo 15 de maio, que estarán abertas até o 2 de agosto.
A primeira é do fotógrafo francés Jean-Luc Mylayne e consta de 71 imaxes monumentais e nunca vistas, feitas en Estados Unidos e en Francia. A súa temática está centrada na vida dos paxaros. Cada imaxe súa é un exemplar único e refírese ao encontro íntimo e furtivo, coas aves, que Jean-Luc logra plasmar debido súa vida nómade polos camiños de Francia. O Museo dedica dous dos seus pisos aos materiais gráficos deste singular autor que tomou fotos de paxaros durante máis de 30 anos, e que na súa carreira apenas produciu 400 fotografías.
Jean-Luc Mylayne fixo a súa última exposición en Francia en 1995, no Museo de Arte Moderno de París, mentres que todos estes anos expuxo en numerosas cidades de Estados Unidos.
A outra mostra é unha exposición retrospectiva do norteamericano Alan Veiga, unha lenda viva da música rock, vocalista do duo musical Suicide, pero que ademais desenvolveu un amplo traballo plástico.
A expo de Alan Veiga está composta de esculturas luminosas, e debuxos non vistos con anterioridade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dúas novas exposicións no Museo de Arte Contemporáneo de Lyon, Francia