Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Comeza o MIVICO 09

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Comeza o MIVICO 09

Comeza o MIVICO 09

Aberto o prazo de inscripción para participar na III Mostra Internacional de Videocreación de O Condado

Enviada por nenocongoxa nenocongoxa o 26/04/2009 14:38

Outro ano máis o festival MIVICO abre as súas portas para dar comezo a esta terceira edición.
Xa están publicadas as bases e aberta a fase de inscripción para que a chegada de traballos vaia dando forma á Mostra, estas pódense descargar dende o blog do festival (http://mivico.blogspot.com ).
O festival realizarase, coma de costume, o primeiro fin de semán de Outrubro ( 2, 3 e 4 de Outrubro) e o prazo de recepción de traballos está aberto dende o 23 de Abril ata o 3 de Agosto.
Nesta terceira edición pretendemos consolidar esta arriscada aposta cos mesmos ingredentes: videocreación, traballos independetes e de autor, servir de plataforma a novos autores e oferta musical alternativa.
Despois da boa acollida da anterior edición, o MIVICO repite sen mais pretensión ca de abrir unha fiestra ao mundo audivisual máis vangardista nas terras de O Condado para así seguir mantedo aberta a fenda pola que, pouco a pouco, vanse filtrando máis adeptos ao Festival, os verdadeiros protagonistas desta Mostra. 


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Comeza o MIVICO 09