Vieiros

Vieiros de meu Perfil


INEM Kilers visitará as nosas terras

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de INEM Kilers visitará as nosas terras

INEM Kilers visitará as nosas terras

Produccións Austrohungaras, productora alternativa de O Morrazo volve á carga con novos espectáculos.

Enviada por redaccion redaccion o 10/05/2007 18:55

Esta vez o protagonista será o punk-rock nos dous días de xira que a banda barcelonesa INEM Kilers visitará as nosas terras.

Despois de 12 anos de andadura e co seu 5º impresionante disco recén editado polo mítico selo El Lokal visitarán o Venres 11 A Guarda, onde ofrecerán na Sala Escarabajo o seu espectaculo a partires das 23:30 h. acompañados pola banda de Melide Porka Miseria. Xa o sábado 12 o concerto será na Asociación Cultural A Tiradoura en Cangas Do Morrazo onde estarán acompañados por Falcatruada, unha nova banda de punk rock 'n roll de Vigo.

A hora de comezo será as 22 h. e a entrada para os dous eventos o máis alternativo e asequible para tod@ aquel que queira disfrutar destas bandas: 4 euros.
Saudos.

Escoitaos en www.myspace.com/santiak ou en www.myspace.com/produccionsaustrohungaras
www.inemkilers.com


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



INEM Kilers visitará as nosas terras