Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Exposición coa obra do portugués Rafael Bordalo Pinheiro

A mostra inaugúrase o 17 de abril na cidade de Sintra

Enviada por Punal Punal o 09/04/2009 17:15

  Rafael Bordalo Pinheiro é o exemplo portugués do artista emprendedor e multifacético, cuxo xenio e creatividade deixou un legado indeleble á cultura do seu país.
Agora a colección Berardo, do Museo de Arte Moderno, da cidade portuguesa de Sintra, inaugura o 17 de abril a exposición “Rafael Bordalo Pinheiro - Da caricatura á cerámica”, cuxo comisario é o historiador Rui Afonso Santos.
Nacido en Lisboa o 21 de marzo de 1846, e falecido nesa mesma cidade, o 23 de xaneiro de 1905, Bordalo Pinheiro foi xornalista, pintor, profesor, ceramista, deseñador e caricaturista.
Bordalo Pinheiro lle dió un gran impulso á caricatura portuguesa, ao imprimirlle un estilo propio, co que logrou unha categoría estética, nunca antes alcanzada.
A súa obra gráfica, dotada dun gran sentido do humor e cunha gran carga de crítica social, abordou as máis diversas figuras da política, da igrexa e a cultura, da sociedade portuguesa.
Ao fundar en 1884 unha fábrica de cerámica en Caldas dá Rainha, promoveu esa arte, que nas súas mans adquiriu un cuño orixinal: xerras, vasos, pratos e outras pezas integraron o seu inventario de pezas, caracterizadas por un aire barroco e decorativo.
Deseñou a figura popular de Zé Povinho, que se converteu en símbolo do pobo portugués.
Fué un home de imprenta. De 1870 a 1905 foi a alma de todos os xornais que dirixiu en Portugal, como nos tres anos que trabajò en Brasil.
A esposición “Rafael Bordalo Pinheiro - Da caricatura á cerámica” mostra preto de 110 pezas de cerámica do autor, deseñadas na fábrica de Caldas de Rainha, e exhíbense, ademais, en paralelo, algunhas das súas caricaturas máis apreciadas.
A mostra inaugúrase o mesmo día que en Sintra queda aberta a quinta edición do World Press Carton, cos premios ás mellores caricaturas de prensa do mundo.Paco Puñal
   


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Exposición coa obra do portugués Rafael Bordalo Pinheiro