Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Concentración na delegación de Educación na Coruña en solidariedade co profesor despedido por reclamar as aulas de Matemáticas en galego.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/778

Enviada por Pirucha Pirucha o 02/04/2009 22:04

Na mañá deste dous de Abril, militantes da CNT de Compostela, Coruña e Lugo manifestamo-nos durante máis de unha hora nas portas da delegación da Consellaria de Educación da Xunta de Galicia na Coruña, onde está situada a Inspeción Educativa, reduto franquista que polo visto ten como último fin perseguir e sancionar @s profesor@s que, como o noso compañeiro Brais, reclaman o uso do galego nas aulas ou que non se mostran conformes con "planos de convivéncia" que permiten a entrada da Polícia e a Guardia Civil nos Institutos para realizar cacheos aleatórios e intimidar e criminalizar à mocidade. Cunha faixa reclamando o cese da represión e a precariedade no ensino, e con centos de panfletos explicando polo miúdo o caso sufrido polo compañeiro Brais, informamos aos cidadáns da Coruña do carácter represivo da Inspeción Educativa, da pasividade da Consellaria bipartita en cuestions como o respeto do decreto 124/2007 de uso do galego no ensino, e o carácter anti-operário dos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, asinantes dun acordo polo que se exclue das listas de substitucións e interinaxes a aquel@s profesor@s que fosen sancionad@s, sexa cual for o motivo, o que equivale na práctica a despedimentos como o do compañeiro Brais, motivado exclusivamente por motivos ideolóxicos. Desde a CNT temos claro que a Consellaria de Educación procura rematar con calquera mostra de disensión e rebeldia nos centros de ensino. Que quere facer destes cárceres para criar indivíduos submisos e acríticos, mais desde a CNT seguiremos na nosa vella e fermosa arela de educar en liberdade e para a liberdade.


4,86/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: