Vieiros

Vieiros de meu Perfil


asambleias abertas nos concellos!!

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de asambleias abertas nos concellos!!

asambleias abertas nos concellos!!

durante o franquismo, en moitas aldeas ,os veciños reuníanse en asambleia informal os domingos á saída da misa e chegaban a acordos sobre temas coma as quendas para regar ou para emprega-los fornos de pan comunitarios. nesas asambleais temén acordaban elevar determinadas peticións ao concello correspondente.
a finais dos setenta, curiosamente coa “chegada da democracia”, este sistema abandoouse. o poder pasou ser exercido en exclusiva polos “concellos democráticos”.

Enviada por danielovalle88 danielovalle88 o 02/04/2009 16:06

a meirande parte dos cidadáns do estado admiten ou louvan ou consideran necesaria a división en comunidades autónomas do estado español. esta división é a que é e non outra por asuntos históricos, políticos e identitarios. as comunidades autónomas pretenden ser herdeiros contemporáneos de reinos, condados ou pobos que se teñen sucedido na historia da península.

o problema chega coa seguinte escala. do mesmo xeito que no estado conviven comunidades grandes coma andalucía e comunidades pequenas coma euskadi; a organización interna destas comunidades debera ser axeitada ás súas características.

na galiza por exemplo temos catro provincias e uns cantos centos de concellos. nino as unhas nin os outros reflicten as unidades sociais, demográficas, políticas, medioambientais ou paisaxísticas do país.

asimesmo, a única división administrativa que se ten mantido durante séculos de historia de galiza, as parroquias (que teñen a súa correspondencia coas freguesías portuguesas) foron desprovistas de toda entidade política, cando mesmo no eido urbano son a unidade básica de poboación.

velaquí apresento un sistema se transición que por unha banda permitiría democratizar a administración local, moi pouco democrática nas grandes cidades e que adaptada a grandes eidos rurales (véxase comarcas) daría entiade política ás parroquias e servería de marco para unha nova organizazón territorial da nosa terra.

por unha banda concellos do rural deberan unirse entre eles e formar entidades maiores segundo afinidades culturais, xeográficas ou industriais.

por otra banda tódolos concellos deberan formar un sistema polñitico paralelo baseado en asambleas abertas en cada parroquia que escollerían a unha serie de representantes para unha asamblea de nivel local/comarcal. esta funcionaría coma a cámara alta do concello, de feito que tódolos debates pasasen pola veciñanza.

nas asambleias parroquiais escolleriase tamén unha comisión que levase a cabo funcións de política cotiá a nivel moi local e unha serie de unidades de autoxestión que se encargasen de xestionar de xeito autónomo e independente os equipamento públicos tales como casas da cultura ou instalacións deportivas.

está probado de sobra que centros socioculturais autoxestionados funcionan ben millor que aqueles que xestionan funcionarios por medio da adminstración. dalgunha maneira sería dar unha base institucionais a comunidades de montes, sociedades culturais e asociacións de veciños que por todo o país e sen case medios cubren certas funcións que o estado non é quen de nos prestar.

tendes toda a info en:

http://eidosarq.wordpress.com

http://nocontroles.wordpress.com (en castelán)


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: