Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Arxentina lembra ao máis universal dos “cronopios” o escritor Xulio Cortázar aos vinte e cinco anos do seu pasamento

  A chegada do vinte e cinco cabodano do escritor arxentino Xulio Cortázar, Bruxelas 1914 Paris 1984, amosa a vitalidade da escrita que reflicte na venda de cincuenta mil libros da súa produción ao ano na Arxentina. En Bos Aires, a homenaxe a Cortázar inclúe seminarios, conferencias, obras da cinematografía co baseamento nos seus contos, lecturas da súa obra, recitais e unha mostra urbana coa montaxe de 300 "rayuelas".Galicia ten unha forte pegada da presenza de Cortázar en dúas quendas, polas rúas de Compostela ou Pontevedra. Aurora Bernárdez, filla de galegos de Ourense, fixo a doazón dos arquivos fotográficos e fílmicos do escritor que fican no Centro Galego das Artes da Imaxe, CGAI, na cidade da Coruña. Cortázar mantivo unha abondosa amizade con Lourenzo Varela, Rafael Dieste, Luís Seoane, Arturo Cuadrado e colaborou nas revistas "Correo Literario" e nos artigos de "Cabalgata" dirixidas ambas las dúas no exilio porteño, polo nomeado Lourenzo Varela.

Enviada por osimon osimon o 13/02/2009 00:57

  A chegada do vinte e cinco cabodano do escritor arxentino Xulio Cortázar, Bruxelas 1914 Paris 1984, amosa a vitalidade da escrita baseada na utopía e a liberdade, que reflicte na venda de cincuenta mil libros da súa produción ao ano na Arxentina. Coma outros autores capitais da segunda metade do século vinte, Cortázar mantén abofé o cuarto de século transcorrido da súa morte, a capacidade de chegar aos lectores.

Arestora esta no prelo unha edición revisada pola escritora e tradutora Aurora Bernárdez, nomeada "Papeis Inesperados", que ten como base unha escolma do arquivo persoal do escritor achado fai xa un tempo nunha muda dalgúns bens da súa propiedade. Textos, crónicas, criticas, contos, poesía, ensaio, unha parte deles en castelán outros en lingua francesa, preparase tamén unha nova edición da súa correspondencia coa achega de escritos de Italo Calvino ou Gabriel Garcia Márquez.

En Bos Aires, a homenaxe a Córtazar inclúe seminarios, conferencias, obras da cinematografía coa orixe  nos seus contos, Blow-Up de M.Antonioni e Wek-End de J.L. Godard, lecturas da súa obra, recitais, unha mostra urbana coa montaxe de 300 "rayuelas" nun espazo público coa finalidade da meirande participación de persoas e tamén a difusión da musica de Jazz con melodías de Charlie Parker o músico que inspirou a súa novela "O Perseguidor".

En Madrid a fundación Juan March amosara os fondos que garda da súa biblioteca persoal, os libros da lectura habitual do escritor cos subliñados e as notas a marxe, máis as primeiras edicións adicadas polos autores, agasallo da escritora Aurora Bernárdez, primeira dona de Cortázar, máis súa herdeira a título universal.

Galicia ten unha forte pegada da presenza de Cortázar en dúas quendas, polas rúas de Compostela ou Pontevedra na compaña da súa dona nesas datas Aurora Bernárdez, filla de galegos de Ourense, que fixera a doazón dos arquivos fotográficos e fílmicos do escritor á Xunta de Galicia e que fican no Centro Galego das Artes da Imaxe CGAI, na cidade da Coruña. Na outra beira do atlántico nas épocas do exilio galego en Bos Aires, Cortázar mantivo unha abondosa amizade con Lourenzo Varela, Rafael Dieste, Luís Seoane, Arturo Cuadrado e colaborou nas revistas "Correo Literario" e nos artigos de "Cabalgata" dirixidas ambas las dúas no exilio porteño, polo nomeado Lourenzo Varela.

Os corpos do escritor e quen fora a súa ultima dona Carol Dunlop, fican nunha sepultura ca semella un libro aberto no cemiterio parisiense de Montparnasse.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: