Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Videoforo en Lugo: "Liste pronunciado Líster".

Mércores 11 de febreiro, ás 19:30 no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia. Organiza: Asociación Cultural Cultura do País. Intervirá Margarita Ledo Andión.

Enviada por culturadopais culturadopais o 06/02/2009 12:53

A Asociación Cultural Cultura do País, colectivo que nace en Lugo en novembro de 2008 impulsado por un grupo de persoas de diferentes idades, eidos formativos e de traballo, procura traballar decididamente a prol da promoción da cultura propia de Galiza. Dende a recuperación das tradicións populares ata a posta en valor de feitos históricos, personaxes, celebracións e acontecementos da nosa cultura, tendo coma principal bandeira a defensa da lingua coma elemento simbólico e crucial na conformación da cultura galega. Neste senso, logo da presentación da nosa Asociación aos medios de comunicación, levada a cabo o pasado 18 de decembro en Lugo, é a nosa intención iniciar as actividades de Cultura do País con este acto de proxección e charla-coloquio arredor do filme Liste pronunciado Líster, de Margarita Ledo AndiónNeste acto, que terá lugar o vindeiro mércores 11 de febreiro ás 19:30 no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo (Pza. de Santa María), intervirá a directora do documentario, recentemente nomeada membro da Real Academia Galega, Margarita Ledo Andión.
"Enrique Líster era canteiro e traballou no capitolio da Habana e no metro de Moscú. Na Guerra Civil chegou a ser comandante en xefe do V Reximento do Exército Republicano, ao que se incorporaron as Milicias Galegas formadas en Madrid. Foi cantado por poetas como Machado e Miguel Hernández, vingou os agresores da súa nai, disentiu do PCE, loitou nos campos de batalla... Un home tenaz que este documental pretende desvelar. Contén entrevistas á viúva e ao fillo do propio Líster, entre outras persoas relacionadas con el. O filme tamén ten algunhas escenas interpretadas, máis evocativas que de recreación." máis información en http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=936


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: