Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A presidenta da Arxentina defendeu a dobre xornada de traballo da muller, na casa máis na profesión

  Cristina Fernández de Kirchner, salientou nunha afervoada defensa da muller, gabou a súa calidade de dona do fogar aínda o seu traballo coma xefa do estado, na xuntanza na que amosou un plan para anovar os aparellos electricos de uso nos fogares. O estado arxentino axudara co pagamento dos xuros ás familias ca decideren renovar os vellos aparellos do fogar, electricos e de gas natural, lavadoras, cociñas, calentadores, calderas, entre outros. A oposicion xulgou a medida coma desacougada e "papavotos".

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 05/02/2009 22:21

   Co fin de dar pulo ao consumo máis á produción, o goberno arxentino lanzou o segundo plan dirixido as persoas de baixos soldos, que nomeou revolucionario, para-la permuta dos apararellos do fogar anellos por uns novos, asi mesmo unha liña de credito cos diñeiros do estado, para dese xeito financiar os xuros, ata once meses, ás persoas ca acedan ao plan. A presidenta Fernández de Kirchner presentou a medida no eido das politicas do estado coa finlidade de axudar ás familias e impulsar o comercio, máis a industria e sostir os niveís de emprego. Esta nova medida sumase á amosada no mes de decembro do ano 2008, para o troco dos vellos frigorificos por uns novos e ca produciou unha esaxerada demanda ca superou os disponibeis nas tendas e nas factorias e adiou e entrega aos ca os mercaban até os trinta días.

Subliñou a presidenta que o plan foi un pedido das mulleres na procura de ter o acceso aos novos apararellos do fogar a uns prezos axeitados ás súas economias familiares minguadas pola crise e as fallas do emprego. Fixo unha forte loubanza do papel da muller no fogar, seica ter unha intensa presenza na vida profesional e na politica, a muller sempre ten parte nas desicións do fogar e na cría dos fillos, insistiu.

Salientou tamén Cristina Fernández a avaliación de espallar a salvataxe máis aló da banca e as empresas de primeiro nivel, as nomeadas multinacionais, ás empresas que fican no país dende sempre, os seus traballadores, os comercios máis os consumidores de bens e servizos. Destacou o efecto multiplicador destas novas xa que as vantaxes chegaran ás factorías das materias primarias cos que se manufacturaren os bens.

O aporte financeiro do estado inclúe unha liña de crédito, a maneira de axuda aos fabricantes dos aparellos ca terán na orde a obriga de achegar unhas cantidades fixas, dous centos cincuenta mil unidades, do seu produto, sen a posibilidade do recurso da importación doutras factorías ca empresa teña no estranxeiro.

A oposición amosou a súa ollada ao respecto da nova baseada nun plan "B" na busca da adherencia dunha cantidade de persoas das clases media e media-baixa, nun intre de urxencia, xa que nun curto espazo de tempo haberá unha chamada a eleccións. Lembran tamén que a finalidade verdadeira e trocar o estado de animo das persoas cun plan de investimentos públicos cara ás devanditas eleccións, na procura de tirar das meirandes vantaxes da filantropía, coa avarenta finalidade da "pesca" dalgúns votos no vindeiro mes de outubro.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: