Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!

O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!

Galiza Rebelde pretende construir un espazo de información e comunicación popular na rede galega, de carácter alternativo, anticapitalista, soberanista e con carácter horizontal.

Enviada por GalizaRebelde GalizaRebelde o 28/01/2009 11:23

Galiza Rebelde é unha páxina de información alternativa de carácter comunitario e transformador.

O seu obxectivo é construir un espazo colectivo de comunicación popular para difundir novas, artigos de opinión, convocatorias, etc. de Galiza e do mundo, que non teñen espazo nos medios convencionais, e no cal as aportacións desde e para a comunidade son a esencia do proxecto.

Os media do sistema obedecen a intereses económicos e políticos moi concretos, polo que manipulan a realidade e silencian as novas que non lles conveñen. Fronte a iso, Galiza Rebelde pretende recompilar toda a información que proceda de medios alternativos ou sexa de interese para o proxecto de transformación social que defendemos. Desde unha óptica anticapitalista, nacionalista e antiimperialista, pretendemos ofertar un espazo no que dar voz aos diferentes movementos sociais, organizacións políticas e persoas que traballan en chave transformadora no noso país e no mundo.

En Galiza Rebelde cada quen aporta as ligazóns ás novas que máis lle interesen, e é a propia comunidade a que as valora e define o lugar que lles corresponde. Ademais, os usuarios poden deixar os seus comentarios nas diferentes novas.

Aspiramos tamén a servir de punto de encontro e de debate (preferibelmente non de discusión..) dos movementos sociais e organizacións diversas do país, para que difundan aquí as súas actividades e reflexións, conformando un espazo na rede que teña como base o diálogo, o respecto mútuo e a crítica construtiva.

Informa, difunde, comunica... transforma!


O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede.



galizarebelde.info

galizarebelde@gmail.com


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 1 de febreiro, Galiza Rebelde na rede!