Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Cartas de De Juana

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Cartas de De Juana

Cartas de De Juana

  Tras cumprir máis de 15 anos de cárcere, a Xustiza Española condenou a máis tempo na cadea ao probado terrorista Iñaki de Juana Chaos polo feito de ter escrito unhas cartas tras a súa liberación que " incitaban á violencia". Aquí lles presentamos a primeira.

Enviada por pucelano pucelano o 27/01/2009 12:24

Vexo a televisión. Escoito a radio. Leo periódicos e revistas e o bombardeo é intenso e permanente. O inimigo está crecido. Detencións en Iparralde e Hegoalde. Redadas nos Estados Francés e Español. Informacións velenosas que pretenden inocular o virus da desconfianza.

O Lobo, un simple chivato ao que a txakurrada baleirou antes de tiralo ao éstercoleiro do inservible (como a todos os chivatillos) é recuperado agora e elevado á categoría de heroe da infiltración e dos servizos secretos; a protagonista de películas e reportaxes onde exhibe bravuconadas novelescas a golpe de guión e talonario.

Manobras de desánimo. Filtracións de correspondencia e conversas, totais ou parciais, pero en todo caso interesadas e manipuladas, aínda recoñecendo que non debemos facilitarlles o traballo.

Dispersión penitenciaria: no cárcere e intracarceraria. Malos tratos, torturas renovadas no tempo pero permanentes nas formas e tan antigas como o é a represión política. Agresións. Sufrimento para os nosos familiares e amigos. Compañeiros doentes aos que se chantaxea coa gravidade da situación.

Si, a ofensiva é forte, en todas as frontes e innegable. ¿Quizais o inimigo está aventurando que nos pode dar a puntilla? ¿Que pode acabar co MLNV? ¿Que vai conseguir dobregar  un pobo ou, polo menos, silenciar os seus pasos facéndolle pisar exclusivamente moqueta?

Non necesito ser adiviño para poder berrar con toda forza e convicción, nunha expresión politicamente incorrecta: ¡Téndela clara! Ide á merda con todo o anterior porque non ides gañar. ¿Ou é que aínda non vos destes de conta de que temos un escudo invulnerable que non é outro que a razón?

Como todo poder totalitario, fascista ou neofascista, o actual Goberno do PSOE, como o predecesor e anteriores, vese na necesidade de reescribir permanentemente a historia; de manipular e mentir creando bos e malos a conveniencia, superando moitísimo os límites da coñecida ficción orwelliana. E iso como estratexia de guerra co único e declarado obxectivo da nosa asimilación, do logro da renuncia aos nosos principios, valores e dereitos, e a nosa integración no seu sistema.

Xuíces prevaricadores, políticos corruptos, profesionais da tortura, carcereiros sen escrúpulos, sodes aburridos, cansinos e previsibles. Non merecedes ningún respecto nin consideración, nin sequera o mínimo como para coidar o ton desta carta.

Pero isto merece unha explicación. ¿Totalitario o talante de Zapatero? ¿Fascistas deses olliños azuis e ese sorriso anxelical? ¿O mesmo que sacou aos soldados de Irak? ¿O que vai modificar as leis do aborto, divorcio e outras tantas para contentar a unha «esquerda domesticada»? Pois si, totalitarismo sen ningunha dúbida, porque tomando como prioridade preferente a Euskal Herria, como non podía ser doutra forma para os vascos, quen promulga leis de excepción, quen crea ou mantén tribunais especiais, quen ampara a tortura, persegue e reprime os dereitos de asociación, de expresión, de prensa? quen prohibe a participación política e electoral. E quen todo o fai para silenciar a unha nación e negarlle o dereito de autodeterminación, é un fascista de manual e deixémonos de florituras da linguaxe.

Tecnicamente, o 25 de outubro de 2004 terminei de cumprir a condena intramuros imposta polo seu sistema xurídico e penitenciario co Código Penal de 1973, código franquista incomparablemente máis «brando» que o actual dos seus herdeiros. A partir daquela data non saín de prisión, oficialmente porque o xuíz Gómez Bermúdez ­outra estrela meteórica labrada sobre sufrimento vasco­ ten «dúbidas» sobre a condena cumprida. E unha vez máis non deixa de asombrarme ­e oxalá non perda nunca esta capacidade­ o desprezo que das súas propias leis teñen os seus servidores. Que as rexeitemos nós que as combatemos é natural, pero que as desprecen quen comen delas é un indicador máis de cal é a súa función.

Con todo, non se poden nin se deben utilizar no meu caso os termos ilegalidade, secuestro ... E non me gusta que o fagan na miña defensa, porque de forma ilegal e secuestrados por un sistema autoritario, no cárcere e algúns desde hai bastante máis tempo ca min, estamos 700 compañeiros e compañeiras, e extramuros estao toda a parte da sociedade que non se conforma. Á fin e ao cabo, hai centos de miles de vascos e vascas que hoxe están nun cuarto grao penitenciario, á espera de que calquera noite uns uniformados aporreen a súa porta e notifíquen a represión por mal comportamento.

Moito máis seguro foi o ministro López Aguilar. De Juana non se pode liberar de ningún xeito e non hai máis que falar. ¿Motivo? Non dá signos de resocialización. Con todo, afortunadamente, de resocialización non dá signos nin De Juana nin unha inmensa maioría dos 700 presos e presas, nin unha gran parte da sociedade vasca.

Porque resocializar no sentido utilizado polo inimigo implica a derrota e a aceptación dos contravalores que de tan magnífico xeito representan todos os López Aguilar, Zapatero e Gómez Bermúdez. Pero deberían facerse unha pregunta: se 700 compañeiras e compañeiros con miles de anos de cárcere cumpridos e por cumprir nas nosas costas non damos signos de «resocialización», ¿non será que algo lles falla no «tratamento penitenciario»? O que lles falla é que temos o escudo da razón. E que nada é insuperable, nin no persoal nin no político, salvo a interiorización do fracaso.

En todos os procesos hai altas e baixas. As aparencias tamén enganan. Políticamente, o ruído non significa fortaleza nin o silencio debilidade. Imos gañar. Leamos historia doutros procesos triunfantes, non dos perdedores. Comparemos a aceptación do noso discurso político por parte da sociedade vasca, agora e hai 25 anos. E o demais é fácil: traballo, sacrificio, aprender dos erros e non meternos paus na roda da nosa propia bicicleta.

H ai anos escoiteille a un moi apreciado compañeiro berrar con forza «Sacade as  vosas sucias mans de Euskal Herria». Si, sacádeas, porque outro camiño só implica máis sufrimento. Ou o futuro terminará demostrando, sen dúbida, que vos quedastes sen elas. -


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: