Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Frear o cambio climático desde as empresas

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Frear o cambio climático desde as empresas

Frear o cambio climático desde as empresas

Xornada destinada ao debate sobre estratexias e iniciativas para potenciar o desenvolvemento sostible a partir das empresas.

Enviada por ecolo ecolo o 27/01/2009 11:37

A xornada Cambio Climático: tendencias e oportunidades empresariais, organizada polo foro da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), reúne expertos, responsables públicos e directivos empresariais que abordarán o novo marco normativo e as medidas e estratexias postas en marcha polas administracións central e autonómica para reducir os efectos do cambio climático. Ademais, os asistentes analizarán as experiencias e oportunidades dos mercados de carbono e as actuacións promovidas por recoñecidas empresas para diminuír as emisións de CO2.

Tras a intervención dos responsables públicos, terá lugar a mesa redonda Mercados de carbono: experiencias e oportunidades (12.00 horas). No coloquio participarán o director de Trading Carbono de Unión Fenosa, Ignacio Gistau; a presidenta de CDM e Sustentabilidade da Asociación de Reguladores Iberoamericanos de Enerxía (ARINE) e conselleira da Comisión Nacional da Enerxía, Carmen Fernández Rozado; e o director de Climate Change Capital, Peter Sweatman.

Xa pola tarde (15.30 horas), o director de calidade, Medio Ambiente e I D de Unión Fenosa, Eloy Álvarez Pelegry; o director de Alcoa en San Ciprián, José Manuel Alvarado Cendán; o coordinador de Xestión Integrada de ENCE, Felipe González-Río Sopeña; o subdirector de servizos técnicos de Repsol Petróleo, Ricardo Santos Rodríguez e o director de Desenvolvemento Sostible de Cementos Cosmos, Félix Rico Gómez, intervirán na mesa redonda Formulación e actuacións para diminuír as emisións de CO2.

Mércores, 28 de xaneiro de 2009 Hora: de 9.30 a 17:30 horas Lugar: San Francisco Hotel Monumento– Campillo San Francisco, 3 Santiago de Compostela


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: