Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Esmagado pola crise o Estado Arxentino desposúe dos cartos ás adminstradoras dos fondos privados de pensión.

  No intre dunha difícil situación pola crise mundial, mailos problemas locais, a folga dos mestres das escolas elementais, a disputa pola muda do fuso harario e ás dubidas co nomeamento do seleccionador nacional do futbol, a presidenta Cristina Fernández de Kirchner asinou e enviouno ó Congreso o proxeto da lei de nacionalización dos fondos das AFXP. 

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 23/10/2008 02:38

  A presidenta Cristina Fernández  xustifica-la decisión polos eidos da crise económico financeira mundial, na que os estados adoptan unha política de apoio ós bancos e aseguradoras, o goberno arxentino está a protexer os aforros dos traballadores e xubilados, e garantir o futuro das pensións de milleiros de arxentinos. Rexeitou os reparos pola intervención do estado na economía e vertiu a súa critica ós que seguen suxeitos ó modelo liberal que permite trasferir diñeiros dos sectores depauperados ós grandes conxuntos económicos.
A oposición refuga o proxeto e ten a intención de frearlo no congreso, din que o goberno non garante cós fondos sexan só para o pagamento das pensiones e ten a sospeita cós diñeiros servirán para os vencimientos da debeda externa, os partidos políticos da esquerda pola súa banda votarán contra o devendito proxeto, considerano incostitucional.
Logo das novas e que o goberno enviara ó congreso o proxeto de lei para se rematar co sistema de xubilacións privadas (AFXP) e pór no seu reemplazo o sistema único chamado "rexime estatal de repartimento" o titular da administración da seguridade social (ANSES) salientou as vantaxes do sistema arxentino de baseamento solidario e administrado polo estado a causa do fracaso do sistema privado de capitalización que non levaba tranquilidade ós aforradores aínda que incertidumbre. Ante as novas do traspaso ás mans do estado dos fondos privados das pensións, persoeiros das administradoras pediron  ós seus aforradores que demanden nos tribunais ó estado, igual que o faran eles, e denuncian que o goberno quedase cós cartos para se resolver os problemas da súa caixa. Salientan a boa saúde do sistema de capitalización, xa que no ano 2007 houbera a posibilidade do paso ó sistema publico de repartimento e só o fixeron o vinte por cen das perto de dez millóns das persoas que ten seus aforros no sistema privado de capitalización.
A xusticia arxentina prohibiu ás administradoras privadas operar nos mercados de capitais, co fin de evitar cás administradoras modifiquen a súa carteira de títulos e defrauden ós aforradores mailo estado, pois que co gallo das primeiras novas algunhas delas intentaron liquidar bonos do estado de cadansúa carteira na bolsa de valores de Bos Aires e deste xeito menoscabar non só ós aforradores amais de ó estado arxentino.
Outros sectores da economía ten a dubida co proceso da estatización dos fondos, perto de trinta millóns de dólares, e din que coa excusa da protección dos aforradores o estado está na procura de espallar o seu poder, alonxar o risco de "default" e atender cós recursos dos futuros xubilados os gastos da debeda pública e a vindeira campaña polas eleccións nas provincias e nos concellos no ano 2009. 
O obxeto do goberno de producir tranquilidade ós mercados non foi eficiente e a nova sucedeu contraproducente, xa que o índice da bolsa de valores de Bos Aires (MERVAL) afundise máis do dez por cen o día 21 de outubro, os maiores castigos foron para os sectores da banca estranxeira o Banco Francés (BBVA) caeu o vinte por cen; das eléctricas Edenor (da hispánica Endesa) caeu o vinte e seis por cen; das telefónicas Telecon caeu o vinte e dous por cen.
 O sistema das administradoras privadas dos fondos de pensión e xubilación foi creado no mes de xulo do ano 1994 na época do presidente Carlos Saúl Menem, que o fixo segindo o modelo de Chile na década dos oitenta, o alicerce do sistema é que cada quen aforre na administradora que escolla, na súa conta individual só para-la súa xubilación. As administradoras envirten os diñeiros en títulos do mercado de valores, fondos de inversión, imposicións a prazo e títulos do propio estado arxentino.
Na actualidade son dez as administradoras de fondos privados de xubilación, pertencen a bancos do país e o estranxeiro, sindicatos, aseguradoras, colexios profesionais, e mutuas de traballadores. O comiso dos fondos que ten as administradoras privadas polo estado, de aprobarse a lei, producirá efectos semellantes á confiscación dos diñeiros aforrados en dólares nos bancos no ano 2002 cós feitos da crise económico financeira na arxentina ós inicios da década, coa diferenza que daquela o estado quedouse cos diñeiros e de volta entregou bonos do estado, hoxe á volta da confiscación dos aforros das administradoras o estado dará ós pensionistas unha prestación estatal da mesma natureza que lle dará a quen xamais fixo aforros nin ó sistema de repartimento do estado, nin ó das administradoras privadas.
O defensor da terceira idade avalou o sistema estatal de repartimento e salientou có remate  das administradoras privadas e bo, aínda que sé acompaña dun obstinado control dos diñeiros que estarán nas arcas públicas e non sé empregue para outra finalidade fora do sistema xubilatorio, pediu tamén unha forte vixilancia social dos recursos e a creación dun corpo colexiado e tripartito cós representantes do estado, xubilados e traballadores.
Mensaxes ó mobíl e correos electrónicos chaman ós arxentinos a saír ás rúas e prticipar dun "cacerolazo" na defensa da propiedade dos aforros previsionais evitando-lo robo dos cartos aforrados nas administradoras dos fondos de pensión, o goberno responde que estes convites no saen do berce cidadán se non dos sectores opostos ás políticas sociais do estado arxentino. 
Arestoras do remate deste artigo os papeis da bolsa de valores en Madrid; BBVA, Santander, Banco Popular entre outros caen xunto co IBEX-35 no promedio do oito ó dez por cen  e a petroleira Repsol-YPF afetada polos feitos de Bos Aires caeu máis do dezaoito por cen ó lonxe do día, cun peche do quince por cen.              


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: