Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Sen teito de Vigo denuncian os desaloxos de persoas empobrecidas

Onte martes 27 de maio o grupo Imán convocou unha concentración na Praza da Constitución co obxectivo de visibilizar e denunciar os desaloxos de persoas no Casco Vello por mor do proceso de rehabilitación do mesmo.
Temos a sospeita de que aos poderes públicos so lles importe mellorar a condición de edificios e rúas, sen prestar a mínima atención ás persoas que na actualidade residen nel. Por iso marchouse ata o concello para berrar: Ningún desaloxo de choupanas sen realoxo!
Máis info: www.comunidadebasecoia.org

Enviada por realidade realidade o 28/05/2008 09:24

SOLICITAMOS - Investimentos urxentes e especiais para as políticas de realoxos. - Que se cree unha ventanilla única de atención inmediata para as urxencias sociais. - Que se nos de resposta as demandas de realoxos presentadas. - Que se teña en conta o modelo de solicitude por nós presentado para os realoxos por tratarse dun documento exento de burocracia. - Que se revisen as políticas municipais, que nalgúns casos esixen o pagamento do 50% dos gastos de pensións ou hostais a perceptores de RISGA ou PNCs que deixan aos beneficiarios nunha situación económica que non permite cubrir as necesidades básicas e que os pagos as devanditas empresas se fagan en prazos aceptables. - Que se acelere no posible o proceso da posta en marcha do albergue institucional que teñen comprometido para a cidade. - Que as políticas sociais non sexan usadas como debate partidario porque prexudican gravemente os avances que se teñen que dar. - Que as institucións municipal, autonómica i estatal merquen pisos en distintos puntos da cidade para ofertalos ás persoas sen teito en réxime de alugamento adaptado aos seus ingresos económicos. - Que os servizos sociosanitarios rexistren como prioritario o “sinhagorismo” e pase a ser considerado como unha unha emerxencia de primeiro orden.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Sen teito de Vigo denuncian os desaloxos de persoas empobrecidas