Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ouveos preolímpicos

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Ouveos preolímpicos

Ouveos preolímpicos

Obstaculizado pola descomunal maquinaria do imperialismo olímpico , así , coma o atleta brasileiro Vanderleu Lima nas rúas de Atenas foi secuestrado en plena maratón olímpica por un desgraciado que actuou impunemente, así de desesperada é a nova edición do teu podcast galego de autor.

Enviada por xviluba xviluba o 27/05/2008 12:03

Ouveos na Noite descálzase coma bilika en Roma no 1960 para botarse ó asfalto nista hipócrita matathon que impide ós atletas galegos competir baixo bandeira propia. Nen eurocopas de futbol nen olimpiadas conecta xa cos Ouveos Preolímpicos para trocar a antorcha por vasos de cubata cos que dar nos fuciños dos nosos dirixentes deportivos. Ouveos na noite apoia así as xornadas nacionais que cada ano celebra o colectivo http://www.siareirasgalegas.org/, desta volta no CS A Esmorga de Ourense, os días 13 e 14 de xuño a prol da oficialidade de todas as seleccións galegas. Conecta o teu transistor dixital para rendir unha sentida homenaxe ós ximnastas da barra fixa falecidos en combate atragantados por unha tapa nista perigosa proba de resistencia que é a vida.

www.zimmer103.blogspot.com


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



OUVEOS PREOLÍMPICOS