Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O rostro da Contrarreforma !

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O rostro da Contrarreforma !

O rostro da Contrarreforma !

Despois da entrevista concedida  El País  a Conselleira de Educación afirma que o 'infame' Decreto do Bacharelato non terá máis cambios na súa tramitación.

LER ENTREVISTA

Enviada por Erasmo Erasmo o 14/05/2008 01:34

Refírome á Conselleira de Eduación, Laura Sánchez Piñón, que agotada polo esforzo que supuxo manter a Educación Física no bacharelato afirma que non vai falar máis do tema e que este Decreto infame sairá contra tódolos pronósticos.

Faltaría máis, ordeo e mando, Felipe Sánchez!

Máis a estas alturas xa non podemos crer que se trate dunha decisión razoable nin siquera razoada: ¿vai sacrificar a calidade do bacharelato por un 10% de alumnos que cursan Relixión Católica nos centros públicos? Noraboa Conselleira!

Cando a Vicepresidenta do Goberno fala de laicismo sen complexos, en Galicia o presidente Touriño defende os rancios privilexios dunha Conferencia Episcopal que de seguro ten outras preocupacións máis altas das que ocuparse nestes momentos.

¿É posible que o partido socialista con once millóns de votos nas alforxas vacile en ofertar a Relixión Católica en horario complementario nos centros sostidos con fondos públicos? ¿Polo chiculate do loro son capaces de botar a perder a calidade educativa dos novos bacharelatos que tanto costou deseñar?

¡Alta política debe ser esta, pois non se entende nada de nada!

A xerarquía eclesiástira ten, sen dúbida, outras preocupacións de maior envergadura: a financiación da igrexa, as fundacións e demáis organismos sen ánimo de lucro que podan ser fiscalizados polo señor Solbes, e mentres os concertos educativos non se toquen un ápice, pouco lles vai importar se a relixión se imparte dentro ou fora do horario ordinario dos centros escolares. Mentres cobren, non haberá problema!

Esto sabémolo todos os que coñecemos o funcionamento da empresa máis antiga do mundo, agás o presidente Touriño e a súa conselleira de educación, dona Laura.

A vedete do novo bacharelato xa rematou en ‘maría’ antes de nacer. Vexan vostedes a importacia capital que tiñan as ciencias para o mundo contemporáneo para dona Laura: dúas horas semanais para alfabetizarmos nos secredos das ciencias. As mesmas horas que ten a relixión, por certo. ¿Será que imos camiño de equiparar o deseño intelixente coa teoría da evolución?

A intelixencia lévaa a non transixir nas demandas dos profesores nin dos sindicatos.

Porque a ninguén se lle oculta que dúas horas semanais son máis que suficientes para a primeira vedete do bacharelato socialista: Filosofía e Cidadanía (mira que lles costou traballo cambiar o nome) para ó final deixala convertida noutra ‘maría’. E xa van dúas!

Pero erre que erre dí que ela non se baixa da burra… logo será certo que prefire parir un bacharelato cheo de ‘marías’ antes dun bacharelato de calidade para o futuro do país.

A Historia seguro que non lle dará a razón: especialmente porque tamén ela – a Historia de España- terá que sofrir as rebaixas curriculares motivadas pola relixión! ¿Pero non estabamos a revisar a memoria histórica do país?

Segundo parece á señora conselleira iríalle ben rezar un rosarío (ave maría!) e deixar de dar a lata con tanta improvisación lexislativa de fin de semana.

Por este camiño, señora conselleira, non sei se ‘inventarán eles’ ou nós… pero do que non nos cabe dúbida algunha é de que aquí o único que lexisla: é dios..!

Deus garde a V. I. moitos anos… e lle conserve o humor..!


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha conselleira chea de razón...!