Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Memoria do Mar achégase a Muros

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A Memoria do Mar achégase a Muros

A Memoria do Mar achégase a Muros

A memoria do mar é un proxecto do Museo do Mar de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Confrarías que percorrerá 25 localidades da costa galega. O obxectivo principal é catalogar, recuperar e pór en valor o patrimonio fotográfico mariñeiro mediante a dixitalización de fondos fotográficos familiares e a creación dunha base de datos de imaxes relacionadas co mar.

Enviada por memoriadomar memoriadomar o 19/04/2008 22:21

  Trátase dun proxecto pioneiro en Galiza que pretende establecer un catálogo visual do mundo galego relacionado co mar. É a primeira vez que dende un organismo oficial se plantexa un tratamento do patrimonio fotográfico a nivel galego. O proceso de dixitalización inclúe tanto fotografías como negativos e diapositivas. A única condición preestablecida é que o seu contido teña relación co mar e foran feitas antes do ano 2000. Deste xeito, a maioría das imaxes pertencentes aos albumes fotográficos familiares teñen cabida no proxecto. Procesións marítimas, paisaxes, traballos e faenas mariñeiras, vacacións ou construcións do litoral son motivos que se axustan aos obxectivos do proxecto.  Non importa que sexan imaxes en branco e negro ou en cor.
Toda persoa interesada en participar coa Memoria do mar  recibirá un CD coas súas fotografías dixitalizadas. Os técnicos do Museo do Mar estarán en Muros do 21 ao 24 de Abril en horario de 10:30 a 14:00 horas e 16 a 19:00 horas na lonxa da localidade, a disposición das persoas interesadas.

Visita a páxina do proxecto: www.memoriadomar.com


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: