Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Comunicado dos Científicos Disidentes do VIH/SIDA

23 de abril de 2008. 

Aniversario do establecemento dunha mentira oficial convertida en paradigma científico que impide avanzar na solución das verdadeiras causas da SIDA.

Enviada por Leovarela Leovarela o 12/04/2008 21:28

23 de abril

Rethinking AIDS Day (RAD)
Día de Repensar a SIDA

O 23 de abril é un día para reformularse a nosa comprensión da SIDA e o VIH, para recordar a fraude que foi perpetrado este día de 1984, cando Margaret Heckler, nunha conferencia de prensa, anunciou que Robert Galo descubrira a probable causa da SIDA, despois de que un test de sangue fose patentado, pero antes de que ningún exame científico fose publicado.

Máis tarde resultou que os documentos contiñan información que non establecía nada, pero finalmente provocaron varias investigacións contra a mala conduta de Robert Gallo, incluída unha investigación do congreso. Robert Gallo tiña poderosos amigos e boa sorte, algunhas investigacións foron abandoadas cando se cambiou a definición de fraude científica ou mala conduta, e acabouse a investigación do congreso, como efecto colateral de que os republicanos asumisen o poder o Congreso USA.

Era demasiado tarde, a maquinaria militar, que chamamos medicina moderna, xa transmitira as ordes de que o VIH causaba a SIDA e que a SIDA era sempre mortal. Cuestionar estas ordes era traizón e, aínda que a pena de morte física para a herejía científica xa non está permitida, as carreiras de doutores e científicos que puxeron obxeccións foron guillotinadas, o seu financiamento colgado polo pescozo ata a morte, e o seu talento para publicar recibiu unha descarga de 50.000 voltios. A visión duns cantos valentes colgando do pau maior, foi suficientemente aleccionadora para que a maioría dos profesionais médicos e científicos gardasen as súas preguntas para eles mesmos e, co apoio dos medios, erixírase unha fachada de unanimidade.

Que nos trouxo isto? Test VIH non válidos que aterrorizan á xente e convéncena para que tomen os medicamentos para a SIDA, cando poden causar moitos dos síntomas da SIDA, creando así unha profecía auto-cumprida. Xente que ten VIH enfermará e morrerá porque tomarán eses medicamentos ¿salvadores? que os matan. Meten a persoas VIH-positivo no cárcere, por anos (recentemente un home foi sentenciado a 18 anos en Canadá), por simplemente ter sexo en circunstancias que non causarían ningún problema legal a persoas VIH-negativo.

Só uns poucos leron algunha vez as advertencias dos test VIH, as cales revelan que ningún deles foi validado contra o único patrón válido: a purificación do VIH. Porque o VIH non foi nunca purificado. O terrorismo ilústrase coa brillante publicidade dos medicamentos da SIDA, que claramente detallan (tanto en letra grande como en pequena) os potencialmente mortais efectos colaterais, tales como fallo hepático, ataques cardíacos, anemia grave e reaccións de pel mortais. Únicamente xente aterrorizada tomaría medicamentos baixo esas circunstancias.

A SIDA non é un concepto con significado. Sen VIH é só un lote de infeccións non relacionadas e cancros. En América, a maioría de diagnósticos, baseados en dous diferentes tests de laboratorio, danse en xente sa. En África, en 1986, a OMS redefiniu a desnutrición, malaria e TB como SIDA, provocando unha epidemia de papel (magnificada por estimacións ideadas por burócratas de Xenebra, engadindo unha porcentaxe ás cifras do último ano deseñadas para aumentar o medo en todo o mundo, o nivel de medo que correlaciona directamente cos grosos orzamentos mundiais para comprar drogas tóxicas para a xente diagnosticada como VIH-positivo ou tendo SIDA).

Rethinking AIDS e moitas outras organizacións constituídas por científicos, médicos, VIH-positivo escépticos e cidadáns correntes simplemente preocupados, queremos que neste día entres en acción. Escribe a un político, fala co teu médico, le un libro crítico, maniféstate. Fai algo para lograr que o mundo saiba que ti coñeces a fraude.

http://rethinkingaids.com.93.seekdotnet.com/


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: