Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Activa Galicia - activa o galego! Nova campanha a prol do galego na Rede

Activa Galicia é a marca comercial do Grupo Comercial Gallego S.A. e presume de ser un referente no mundo dos electromésticos no noso país. Din que a súa filosofía é a de dar a mellor atención e trato posible aos clientes "finais", boa parte deles no rural. Mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio.

Enviada por KikodasLeiras KikodasLeiras o 26/03/2008 16:49

Pensamos que sería bo facerlles saber que a nosa filosofía como clientes é a de desenvolvernos na nosa lingua con normalidade no día a día, como cidadáns e como consumidores nun momento dado. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo. Explícalles a túa filosofía enviando este prego .

PREGO:

Estimada/o responsábel da atención ao cliente de Activa Galicia e GRUCOGA S.A.:

Observo que na súa páxina web vostedes destacan como filosofía da empresa a de "dar o mellor servizo posíbel aos nosos clientes...A boa cadea de atención e servizo vese reflectida nun mellor trato ao clientes finais...". Dicir que me parece unha filosofía acertada sempre e cando non fique en retórica e se manifeste coherentemente en todos os puntos de contacto cos clientes, na relación persoal, telefónica ou a través da súa web.

Neste aspecto, como cidadán galega/o e potencial cliente seu, quería facer unha pequena achega á súa política comercial: Gustaríame poder consultar as súas ofertas e recibir as súas atencións en idioma galego o meu idioma e lingua propia de Galiza, tanto na relación directa ou telefónica que poida ter co seu persoal, como a través da súa páxina web.

Respecto á galeguización da súa web, gustaríame recordarlle que a Confederación de Empresarios de Galiza, CEG (http://www.ceg.es ) oferta de balde un servizo de tradución de páxinas web e calquera outro elemento da empresa sempre que vostedes o soliciten.Sen máis, esperando que a miña suxestión sexa considerada no menor tempo posible, reciba un cordial saúdo.

NOME
DNI

Grazas por colaborar!

CiberIrmandade da Fala
Un povo, unha rede, unha fala.


4,92/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: