Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os trens de cercanías xa existen na Galiza.

Ponferrada-Vigo en tren de cercanías.

Enviada por Breixo Breixo o 24/03/2008 13:14

É a primeira vez que subo no "rexional" que vai cara Vigo dende Ponferrada. Ao principio parecíame un tren un tanto raro, como que non era de "media distancia". Viaxo bastante en tren e xamais subira nun tren así para un percorrido tan longo. Chámabame a atención. Asideiros, non había apenas sitio para a equipaxe, asentos bastantes pequenos e incómodos... Sembraba máis un tren de cercanías ca un de "media distancia". Pero non o podía crer. O de que os trens vellos tráenos para a Galiza é unha lenda urbá... Pois non, mirando un pouco ao meu redor vexo: "plano de cercanías de Asturias", "oferta polígonos", e pegatinas de FEVE. E... fiando fiando..., porque parece que aquí non somos moi intelixentes (se o fosemos polo menos quitarían as pegatinas...), resultou ser un tren vello de cercanías de Oviedo, que agora fai o percorrido Ponferrada-Vigo. E Renfe é unha empresa privada a que se lle pagan prezos públicos? Ese é o servizo que obteño? Os meus cartos valen para pagar o billete (que en absoluto é barato) pero non para que me ofrezan un tren en condicións...? Porque o investimento que o Estado fai en Renfe todo-los anos tamén sairá das arcas galegas... ou non?
Teño que aturar que o tren non poda ir máis rápido, de Monforte de Lemos ata Lugo (cando o tren é o que vai para A Coruña), ten que ir a gasoil porque non hai tramo electrificado, e que así as horas aumenten, e un viaxe que en auto leva tres horas leve case tanto coma unha vida. Na viaxe podería facerme adicto a calquer estupefaciente, que, no mesmo traxecto podería tamén "desengancharme".
Chamoume a atención tamén que cando voltei de Barcelona, no tren Estrella Galicia, ou "o catalán" que é como o coñecemos no meu povo, (parei en Monforte de Lemos, e viaxei en turista), o billete costóume uns 50 Euros, non me pareceu caro en exceso. Pero é que cando collín ese mesmo tren, agora de Monfote de Lemos a A Coruña, costóume uns 20 euros, tamén en turista, e aí si que me pareceu caro de carallo, pero pensei... "de seguro que nunha hora estou n´A Coruña"... pois non... tres horiñas... (prezo por quilómetro??, cal é a base á hora de estableceren a tarifa??)
En Galiza falta movilización, porque parece que aínda temos que reivindicar un trato igualitario co resto de Estado, parece que non é tempo de soltar a pancarta, parece que ficamos anclados no século XX.
Simplesmente, non o entendo. Que alguén mo explique. E que por favor, por favor, que ninguén me diga que en Galiza non hai demanda de trens, xa sexan de cercanías ou de "media distancia", que non minta, ou que vaia pola ponte de Rande, a ver que lle parece.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: