Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Este xoves 20 de marzo, en Ferrol. CONSPIRAREMOS!

Enviada por pequeno-monstro pequeno-monstro o 19/03/2008 10:55

V CONSPIRANDO por unha radio libre!" este xoves (santo?) 20 de marzo de 2008
Xa está o "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"   Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do  festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".Este ano cumprense cinco edicións. Todas as  actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha inmensa carpa,  instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol, para o que contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"  
MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada. Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
+ info en: http://es.myspace.com/dakidarriaOutro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
+ info en: http://es.myspace.com/thesweatfunkO terceiro nome do cartel e TA'CRACK, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
+ info en: http://myspace.com/tacrack
ACTOS PARALELOS: - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.- FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren. Confirmaron a súa presenza na Feira: Comité de Emerxencia Ría Ferrol, Marcha Mundial das Mulleres, Ártabra21, COMETA (comportamento ético cos animais), ONG Solidariedade Internacional Galicia, Espazo Libertario, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, CUAC FM, A.C. DZine,  así como colectivos de artesáns da comarca...
- GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM   OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre!"

O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.
Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.


Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos -> www.opaii.blogspot.com
Membro da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias de Galiza -> http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: