Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Resposta ao alcalde da Policía Local da Pobra

Os axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal reaccionan ao recente nomeamento do alcalde, Isaac Maceiras, como representante na mesa de interpretación da Lei da Policía Local de Galiza, e denuncian a situación pola que están a pasar.

Enviada por redaccion redaccion o 13/03/2008 18:03

¡Vaia paradoxa!, que o alcalde "de todos" con mais problemas dentro do corpo da súa policía local o propoña o seu partido como representante na mesa de interpretación da lei de Policía local de Galicia, tamén é paradoxico que este mesmo rexedor manteña aínda desenrolando a xefatura da súa policía dende fai mais de tres anos a un "presunto delincuente" polo que a fiscalía do TSXG lle pide dous anos de cárcere e tres de inhabilitación. Esperemos que o seu nomeamento na comisión non sexa para protexer corruptos, facilitar a labor do acoso, ou recortar dereitos dos policías locais de Galicia.

O Sr. Alcalde "de todos" manifesta na prensa que os membros da Policía Local disfrutan de 63 días de vacacións anuais, iso non é certo, pois temos 30 días de vacacións anuais como calquera traballador, despois temos 15 días anuais por traballar en festivos (festivos nacionais, autonómicos e locais; de feito, tódolos funcionarios do Concello descansan e tamén fan pontes), 15 días por traballar horas de máis durante o ano e 3 días por redución de xornada no verán (que a súa vez tamén disfrutan tódolos demais funcionarios).

Sr. Alcalde " de todos", ¿acaso os membros da Policía Local descansan máis días anualmente que calquera funcionario do Concello? Co debido ríspeto, pero só podemos pedirlle QUE SE INFORME DEBIDAMENTE, xa que aínda traballamos máis horas que os demais funcionarios do Concello Por exemplo, o artigo 28 do acordo regulador di que o funcionario que non colla as vacacións de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive, gozará dun período vacacional de 10 días laborais, que cos seus correspondentes fins de semana serían 14 días, ¿ cando disfrutaron do período citado os axentes que collen as vacacións no inverno Sr:Alcalde ? XAMAIS.

Sr. Alcalde " de todos", ¿que é o que acontece? ¿ acaso os membros da policía local non teñen os mesmos dereitos que o resto do funcionariado? O artigo 14 da Constitución Española expresa dun xeito claro que "tódolos españois son iguais ante a lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social".

Sr. Alcalde "de todos", neste concello (e isto xa ven de moito tempo atrás..., incluso anterior a que vde. presidira o concello), a policía local ven perdendo moitos dereitos con respecto ó resto dos funcionarios, que xa os disfrutan.

A filosofía deste alcalde "de todos" é que os dereitos son só para os amiguiños, e para o resto, que os consigan a través de demandas ó xulgado, semella que o Alcalde "de todos" mudou polo camiño converténdose no Alcalde duns poucos.

Tamén se lle enche a boca para dicir que cree na presunción de inocencia (é nos tamén señor Alcalde) pero vostede cree só para os seus amiguiños nembargante o resto dos membros da policía local de Pobra non gozan desta presunción de inocencia cando por minucias que nada teñen que ver ca eficacia da súa labor se lles aplica unha separación de servizo inmediata, e logo ide ó contencioso administrativo a reclamar os vosos dereitos.

Tamén esta moi orgulloso das dependencias que temos agora, supoño que se refire a esas dependencias na que nos meteu os carros do lixo, co conseguinte cheiro todo o día, si esas mesmas dependencias que ten un montón de salas, case tantas como portas pechas e cando se utilizan non son precisamente para uso policial vergonza tiña que ter e calar a boca, si e certo antes estabamos en metro e medio por metro e medio, pero tiñamos dignidade cousa que agora non temos en gran parte por culpa súa.

Este tipo de rexedores son os que se rin das institucións públicas e malgastan o diñeiro público nas súas batallas particulares por que o diñeiro non é deles é do pobo.

Logo nun futuro tamén dirá que si as arcas do axuntamento están baixo mínimos é por culpa das baixas da policía local, o mesmo que no seu dia o se amiguiño o xefe de policía local Luis Gigirey dixo que os cartos que non ingresou no concello llos roubaron da súa caixa forte os membros desta Policía.

Tamén lle diriamos ó Sr. Alcalde, que poña os pes no chan pois A Pobra no é un reino de taifas e que deixe xa de acosarnos por que a xustiza ó final pasaralle factura, e os pobrenses medirano coa vara coa que el mida.

Sen máis pedirlle perdón ós cidadáns polos trastornos que lles estaremos ocasionando, non era esa a nosa intención, pero as circunstancias son as que son.


4,22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: