Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Comunicado urxente do Colectivo Opaíí !

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Comunicado urxente do Colectivo Opaíí !

Comunicado urxente do Colectivo Opaíí !

Cara as 13:25 horas do día 17 de xaneiro de 2008, un ruido e despois un fume denso, que sae da porta de entrada, alertan a unha traballadora do Ateneo Ferrolán, quen observa como está ardendo o acceso directo ao Ateneo.

Enviada por sanfelipe sanfelipe o 05/02/2008 10:53

De tod@s é coñecida a estreita vinculación fundacional, do colectivo OPAII-Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán. Somos socios
da entidade e o noso local social está aí, no propio Ateneo. É polo que tamén nos sentimos igualmente afectados polos feitos acontecidos.

Por si esto fora pouco, o pasado sábado 26 de xaneiro, un novo lume prendeu, como consecuencia dun cortocircuito na instalación eléctrica, seriamente danada no primeiro incidente.


Pretendemos, con este comunicado,


1º Deixar constancia pública da nosa solidaridade c@s traballador@s do Ateneo Ferrolán e cos @s voluntari@s de DYA,
que sofriron as consequencias do incendio PROVOCADO, contra da cultura, o voluntarismo e da entidade centenaria, Ateneo
Ferrolán.

2º Unirnos á demanda da xunta directiva do Ateneo Ferrolán, quen reclama ao Concello de Ferrol que: a) Se ARRANXE DE INMEDIATO o acceso ao público do Ateneo. As condicións nas que se atopa, logo do acontecido,
fan que estean en risco a valiosa e única hemerotea-biblioteca, o propio patrimonio da entidade e, o máis importante, a seguridade e vida das persoas. b) Se acometan dunha vez as OBRAS DE REHABILITACIÓN, tal e como esta contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta de Galicia para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.

c) Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos, facendo Cultura con e para o pobo.
3º Informar que, as emisións da radio libre, comunitaria e autoxestionada, Rádio FilispiM, 93.9FM, que transmitía
dende o mes de agosto de 2005 de xeito ininterrompido, foron suspendidas o pasado sábado 26 de xaneiro, como consecuencia dos estragos do lume na instalación eléctrica do Ateneo Ferrolán. As emisións, das ondas libres
e comunitarias, non poderán volver ao ár, até que se garanta o perfecto estado da instalación eléctrica afectada,
cuestión que, reiteramos, está a condicionar gravemente as nosas emisións.

Emprazamos á quen corresponda, a por solución a esta problemática o antes posíbel, en nome da cultura e do máis elemental dos sentidos.

Os nosos ouvintes e simpatizante, terán comprida información en www.opaii.blogspot.com


3,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: