
Achegámoslles a carta aberta da Asociación Cultural Fuco Buxán ao Ministerio de Traballo.
 redaccion
					o 04/02/2008 11:17
					redaccion
					o 04/02/2008 11:17  				 
					D. Jesús Caldera Sánchez-Capitán
Ministro de Traballo e Asuntos Sociais Madrid 
  Sr. Ministro: 
   A Asociación Cultural “Fuco Buxán” celebrou, durante os meses de febreiro e marzo do pasado ano, diversos actos que constituíron a Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo, Socio de Honra desta Entidade, poñendo de manifesto os méritos que esta personalidade da vida cultural, social e empresarial atesora, a través de mesas redondas, conferencias, exposición, publicación dun libro-homenaxe, e que culminaron nun gran acto público, celebrado no emblemático Teatro Jofre de Ferrol, con asistencia de representantes institucionais, sociais e culturais de Galicia.		.  
       Neste contexto e como parte esencial da homenaxe, esta Asociación Cultural iniciou os trámites pertinentes para que por ese Ministerio fóselle concedida a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, solicitude que asinada polo Presidente da mesma e avalada polos representantes das máis altas institucións de Galicia, cursamos, a través da Delegación do Goberno da Coruña o 14 de xaneiro de 2007. 
       É xa que logo para esta Asociación unha enorme satisfacción a resolución favorable á concesión, que a proposta dese Ministerio, aprobou o Consello de Ministros o pasado 8 de Decembro, motivo polo cal manifestámoslle o noso agradecimiento                                       . 
       Lamentamos non poder facelo personalmente, o pasado día 28 na Coruña, xa que - malia ser esta Asociación a promotora e xestora da iniciativa - non foi invitada ao acto de imposición. 
       Sentimos que unha total falta de cortesía e consideración por parte da Delegación do Goberno da Coruña, organizadora do acto, excluíunos de estar presentes nel como era o noso desexo e entendemos sería de xustiza                                         . 
       Reiterando o noso agradecimiento pola concesión, manifestámoslle o noso respecto e consideración.   
  Ferrol, 30 de Diciembre de 2008. 
  fuco buxán 
Asociación Cultural 
Asina,  Manuel Angel Rodríguez Carballeira, Presidente
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto